SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

O transporte de residuos por tren no modelo Sogama constitúe todo un exemplo de mobilidade sostible

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Na actualidade, esta empresa pública conseguiu transportar por ferrocarril o 56% dos residuos que trata no seu Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña), cando en 2016 esta porcentaxe limitábase ao 25%.
  • Deste xeito, o tren é xa o medio preferente para a compañía por ser máis respectuoso co medio ambiente, ter menor sinistralidade, ser máis eficiente, xerar menos molestias cidadás e contar cunha maior sincronización horaria.
  • Organizada pola Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte da CE, hoxe arrinca a Semana Europea da Mobilidade Sostible, un evento anual co que se busca mellorar a calidade de vida dos europeos.

Cerceda, a 16 de setembro de 2021.- Organizada pola Dirección Xeral de Mobilidade e Transporte da Comisión Europea, hoxe arrinca a Semana Europea da Mobilidade Sostible, que culminará o próximo día 22. Nesta ocasión celébrase baixo o lema “Mobilidad de cero emisións para todos”, poñendo o foco sobre as dificultades polas que atravesou Europa, e resto do mundo, durante a pandemia da COVID-19, e abrindo a porta á reflexión sobre as oportunidades de cambio derivadas desta crise sanitaria.

Con este evento búscase mellorar a calidade de vida dos europeos. Ademais de a pobos e cidades, convídase a empresas, ONG, escolas e outros actores que queiran participar nesta campaña, a que rexistren e leven a cabo calquera acción orientada a promover a mobilidade urbana sostible. Pode limitarse a un día específico ou durar varias semanas/meses e materializarse en calquera momento do ano.

A Semana Europea da Mobilidade constitúe tamén unha excelente oportunidade para probar novas formas de transporte e facer un balance dos desafíos actuais.

56% POR FERROCARRIL

Neste sentido, Sogama quere enxalzar, unha vez máis, a súa firma aposta polo ferrocarril como medio preferente para o transporte de residuos urbanos ata o seu Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña). De feito, na actualidade conseguiu trasladar por tren o 56% dos refugallos que trata nas súas instalacións, cando en 2016 só representaba o 25%.

Promove deste xeito un medio máis respectuoso co medio ambiente, con menor sinistralidade, máis eficiente, con menos molestias cidadás e cunha maior  sincronización horaria.

Saúdos, Departamento de Comunicación

https://mobilityweek.eu/home/

16 Set 2021

Galería