Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

O V Catálogo de ecodeseño do sector farmacéutico, nova evidencia do seu compromiso ambiental

Print this pagePrint this page
  • No mesmo recóllese unha selección das numerosas medidas que, neste ámbito, está levando a cabo a industria farmacéutica e a través das cales se evidencia o seu esforzo, compromiso e capacidade de innovación para deseñar envases de medicamentos máis ecolóxicos e respectuosos coa contorna.
  •  Con este Catálogo, SIGRE pretende estimular e contribuír ao proceso de transición desde o caduco modelo de economía lineal a un circular.
  •  No período de tempo contemplado nesta publicación, un total de 84 laboratorios farmacéuticos adheridos a SIGRE materializaron a aplicación de 855 medidas de ecodeseño en máis de 107 millóns de envases de medicamentos que se comercializan cada ano en España.

Cerceda, a 12 de xullo de 2018.- A mediados do pasado mes de maio, SIGRE editou o “V Catálogo de Iniciativas de Ecodeseño en Envases do Sector Farmacéutico”, recollendo no mesmo unha selección das numerosas medidas que, neste ámbito, está levando a cabo a industria farmacéutica e a través das cales se evidencia o seu esforzo, compromiso e capacidade de innovación para deseñar envases de medicamentos máis ecolóxicos e respectuosos coa contorna.

Con este catálogo, SIGRE pretende estimular e contribuír ao proceso de transición do caduco modelo de economía lineal, caracterizado polas malas prácticas de usar e tirar, a un circular no que a industria farmacéutica está sendo especialmente activa co fin de reducir ao máximo os impactos ambientais da súa actividade, así como o propio dos produtos que comercializa.

O novo Catálogo aglutina preto de  39 iniciativas de ecodeseño aplicadas polos laboratorios farmacéuticos, tanto sobre o envase inmediato e externo como no de agrupación e transporte de diferentes tipos de medicamentos, e en cada unha descríbese, dunha forma asequible e detallada, as accións desenvolvidas sobre os envases, as melloras ambientais obtidas en cada unha das fases do ciclo de vida e os resultados cuantitativos alcanzados desde a dimensión ambiental.

855 MEDIDAS DE ECODESEÑO EN MÁIS DE 107 MILLÓNS DE ENVASES

No período de tempo contemplado nesta publicación, un total de 84 laboratorios farmacéuticos adheridos a SIGRE materializaron a aplicación de 855 medidas de ecodeseño en máis de 107 millóns de envases de medicamentos que se comercializan cada ano en España.

O Catálogo está a disposición dos interesados no sitio web de SIGRE. Xunto co mesmo, cabería destacar igualmente a Guía Práctica e Técnica de Ecodeseño do sector farmacéutico, así como a primeira web de ecodeseño, ferramentas ambas coas que este Sistema Integrado de Xestión comezou a mostrar as vantaxes, tanto ambientais como económicas, que ten incorporar ao envasado de medicamentos a metodoloxía de ecodeseño, un dos eixos sobre os que pivota a economía circular.

SOBRE SIGRE

SIGRE Medicamento e Medio Ambiente é unha entidade sen ánimo de lucro creada para garantir a correcta xestión medioambiental dos envases e restos de medicamentos de orixe doméstica.

Constituída polas principais entidades que representan aos axentes que forman a cadea do medicamento, o seu cometido oriéntase cara a un dobre obxectivo: o medioambiental: reducindo os prexuízos que os envases e restos de medicamentos poden ocasionar sobre a contorna, e o sanitario, favorecendo a non acumulación de medicamentos nos fogares e sensibilizando ao cidadán sobre os riscos sanitarios derivados do uso inadecuado dos mesmos

Máis información en www.sigre.es  

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Xul 2018

Galería