SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ONU clama por unha economía circular para os refugallos electrónicos

Print this pagePrint this page
  • En 2017 xeráronse máis de 44 millóns de toneladas de residuos electrónicos e eléctricos, o que representa máis de 6 kilos por persoa; unha cantidade que equivalería, en peso, a todos os avións comerciais construídos ata a data.
  • Se continúa a tendencia actual, estímase que a produción de refugallos electrónicos no mundo alcance os 120 millóns de toneladas para o ano 2050.
  • Menos do 20% destes  residuos recíclase e o 80% acaba en vertedoiros  ou recuperados de forma ilegal en países en vías de desenvolvemento; unha mala práctica cun negativo impacto ambiental e para a saúde que, ademais, ocasiona unha perda significativa de materias primas, escasas e moi valiosas.
  • Calcúlase que, na actualidade, ata un 7% do ouro mundial pode estar contido no lixo electrónico.

Cerceda, a 7 de febreiro de 2018.- Segundo un informe da Plataforma para Acelerar a Economía Circular (PACE) e a Coalición de Residuos Electrónicos das Nacións Unidas lanzado en Davos  (Suíza) o pasado 24 de xaneiro, estímase que, se continúa a tendencia actual, a produción de refugallos electrónicos no mundo alcanzará os 120 millóns de toneladas para o ano 2050.

En 2017 producíronse máis de 44 millóns de toneladas de residuos electrónicos e eléctricos (RAEE), o que supón máis de 6 quilos por persoa; unha cantidade que equivalería, en peso, a todos os avións comerciais construídos ata a data.

Menos do 20% destes refugallos recíclase e o 80% acaba en vertedoiros, ocasionando un negativo impacto ambiental, ou recuperados de forma ilegal en países en vías de desenvolvemento; unha mala práctica que tamén pode afectar á propia saúde dos traballadores debido ao contido de sustancias tales como o mercurio, o plomo  e o cadmio.

Ademais de todo isto, a incorrecta xestión deste lixo está a xerar unha perda significativa de materias primas, escasas e moi valiosas, como o ouro, o platino e o cobalto. De feito, calcúlase que ata un 7% do ouro mundial pode estar contido nos residuos electrónicos.

Neste escenario, PACE e a Coalición de Residuos Electrónicos das Nacións Unidas, incluíndo a ONU Medio Ambiente, o Fondo para o Medio Ambiente Mundial, o Foro Económico Mundial e o Consello  Empresarial Mundial para o Desenvolvemento  Sostible, piden unha revisión do sistema electrónico actual que tome como referencia o modelo de desenvolvemento definido pola economía circular na que se maximiza o aproveitamento  dos produtos e os residuos son transformados en recursos, diminuíndo os impactos ambientais e creando ao mesmo tempo emprego verde.

SOLUCIÓNS CIRCULARES

Apóstase así polo deseño de produtos duradeiros, polos sistemas de recompra e devolución de produtos electrónicos usados, pola “minería urbana” para extraer metais e minerais de residuos electrónicos e pola “desmaterialización” de produtos electrónicos mediante o reemprazo  da propiedade absoluta do dispositivo con modelos de aluguer e arrendamento co fin de maximizar as oportunidades de reutilización e reciclaxe.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Feb 2019

Galería