SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ONU Medio Ambiente busca á próxima xeración de Mozos/as Campións da Terra

Print this pagePrint this page
  • Emprendedores con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos, e con ideas para facer fronte aos actuais desafíos medioambientais, teñen de prazo ata o próximo 31 de marzo para presentar a súa candidatura.
  • Un xurado mundial seleccionará aos sete gañadores deste ano e cada un deles deberá levar á práctica a súa iniciativa e informar dos seus progresos a ONU Medio Ambiente.
  • Cada un dos premiados, procedentes de sete rexións do mundo, recibirá 15.000 dólares de capital inicial para investir no seu proxecto.

Cerceda, a 8 de febreiro de 2019.- O pasado 29 de xaneiro, ONU Medio Ambiente lanzou a convocatoria do Premio Novos Campións da Terra 2019, o galardón máis prestixioso que Nacións Unidas outorga a emprendedores con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos e capaces de xestar unha idea para protexer o planeta no futuro.

Cada un dos gañadores, procedentes de sete rexións do mundo, recibirá 15.000 dólares de capital inicial para investir no seu proxecto, destinando 9.000 dólares á difusión das súas ideas, así como formación e orientación individualizada.

Con esta iniciativa, en vigor desde o ano 2017, Nacións Unidas quere promover a participación da próxima xeración de axentes de cambio capaces de achar solucións aos distintos problemas ambientais e facer fronte ás graves ameazas do cambio climático.

En anteriores edicións, os mozos seleccionados aportaron ideas audaces a través de innovacións de alta e baixa tecnoloxía, como é o caso de xardíns en azoteas para combater a contaminación do aire, unha aplicación móbil baseada nos recibos da compra dos cidadáns para analizar a sostibilidade do seu consumo, a cría de corais, a restauración de arrecifes degradados, a confección de prendas ecolóxicas e tamén unha tecnoloxía novidosa que filtra e converte o 90% das partículas dos xeradores diésel en tinta de impresora.

A xuízo de Joyce Msuya, Directora Executiva Interina de ONU Medio Ambiente,  o premio Novos Campións da Terra “combina dous elementos cruciais para salvar o noso planeta: a innovación e a motivación da mocidade. Necesitamos ambas en igual medida para abordar os retos ambientais máis acuciantes da actualidade”.

Os mozos interesados teñen de prazo ata o próximo 31 de marzo para presentar as súas candidaturas. Un xurado mundial seleccionará aos sete gañadores de 2019 e cada un deles deberá levar á práctica a súa idea e informar dos seus progresos a ONU Medio Ambiente e aliados a través de blogs e videoblogs.

O premio está impulsado por Covestro, un destacado fabricante de materiais para o desenvolvemento sostible

Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

8 Feb 2019

Galería