SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ONU Medio Ambiente enfatiza a importancia de investir en adaptación ao cambio climático

Print this pagePrint this page
  • Os devastadores efectos do ciclón Idai, que azoutou con virulencia a cidade de Beira, en Mozambique, evidencia a necesidade  de mellorar as ferramentas de urxencia e fortalecer a resiliencia das comunidades locais fronte ao impacto dos desastres naturais.
  • Durante o período comprendido entre 1998 e 2017, os países afectados por desastres sufriron perdas económicas directas cuantificadas en 2.908.000 millóns de dólares estadounidenses, dos cales os vinculados ao clima representaron 2.245.000 millóns de dólares, é dicir, o 77% do total.
  • O desenvolvemento, por parte de ONU Medio Ambiente, do Manual de Concientización e Preparación para Urxencias a Nivel Local, constitúe un instrumento de axuda ás comunidades para previr a perda de vidas e os danos á saúde, o benestar e os medios de subsistencia, para minimizar os prexuízos á propiedade e para protexer o medio ambiente.

Cerceda, a 10 de abril  de 2019.- O pasado 14 de marzo, a cidade de Beira, unha das máis antigas de Mozambique e a cuarta máis grande do país, foi duramente golpeada polo ciclón tropical Idai, o máis virulento desde Jokwe, en 2008.

Edificios esnaquizados e infraestruturas de comunicación e electricidade derrubadas forman parte dun desolador escenario onde os centros escolares perderon a súa función para acoller ás persoas desprazadas polas inundacións. As estradas, debido ás inundacións, atópanse cortadas e o transporte brilla pola súa ausencia.

Segundo datos aportados polas autoridades de Mozambique, alomenos 200 persoas perderon a vida debido ao desbordamento dos ríos Buzi e Pungwe. Beira, que acolle a 500.000 residentes, vive días de angustia e moitos dos seus habitantes atópanse sen teito e sen comida. Almacéns, silos e supermercados foron devastados.

A xuízo de ONU Medio Ambiente, a situación pola que atravesa este lugar do mundo evidencia a necesidade de mellorar as ferramentas de urxencia e fortalecer a resiliencia das comunidades locais fronte ao impacto dos desastres naturais. Así o manifestou a Directora Rexional de ONU Medio Ambiente en África, Juliett Biao. Clama por maiores investimentos en redución do risco de desastres baseados en ecosistemas e en adaptación ao cambio climático para reducir o custo humano e económico dos mesmos.

En outubro de 2018, a Oficina das Nacións Unidas para a Redución do Risco de Desastres publicou un informe no que se facía eco do notable impacto financeiro dos desastres relacionados co clima. De feito, durante o período comprendido entre 1998 e 2017, os países afectados por desastres sufriron perdas económicas directas cuantificadas en 2.908.000 millóns de dólares estadounidenses, dos cales os desastres vinculados ao clima representaron 2.245.000 millóns de dólares, é dicir, o 77% do total.

O desenvolvemento, por parte de ONU Medio Ambiente, do Manual de Concientización e Preparación para Urxencias a Nivel Local, constitúe un instrumento de axuda ás comunidades para previr a perda de vidas e os danos á saúde, o benestar e os medios de subsistencia, para minimizar os prexuízos á propiedade e para protexer o medio ambiente, tal e como asegurou Saidou Hamani, coordinador de Resiliencia ante Desastres e Conflitos na oficina rexional de ONU en África. A organización leva a cabo un intenso traballo nesta liña en decenas de países como Afganistán, Haití, Irak, Sudán e Sudán do Sur.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Abr 2019

Galería