SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

ONU Medio Ambiente sacará á luz varias publicacións para saber máis sobre biodiversidade

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Neste 2020, unha serie de reunións clave marcarán o ton e a axenda para a acción ambiental na próxima década.
  • Os seres humanos dependemos de ecosistemas estables e saudables para nosa propia supervivencia e é por iso que se necesita actuar de forma urxente para encamiñar ao mundo cara a un futuro máis sostible.

Cerceda, a 25 de marzo de 2020.- Ademais da crise sanitaria que estamos a sufrir, o mundo enfróntase a unha crise ambiental cun gran número de especies ao bordo da extinción e unha temperatura global en ascenso.

Os seres humanos dependemos de ecosistemas estables e saudables para nosa propia supervivencia e é por iso que se necesita actuar de forma urxente para encamiñar ao mundo cara a un futuro máis sostible.

2020 foi considerado como un "súper ano” para o medio ambiente, xa que nunha serie de reunións clave marcarase o ton e a axenda para a acción ambiental na próxima década.

Os interesados poderán estar ao día coas seguintes publicacións:

Informe mundial sobre pastos mariños. As praderas de pastos mariños son un dos ecosistemas máis ameazados e ignorados da Terra. Debido á súa capacidade para absorber inxentes cantidades de carbono, os esforzos encamiñandos cara a súa conservación e restauración poderían aumentar nos próximos anos.

O Estado dos Bosques do Mundo 2020: bosques, biodiversidade e persoas. Este informe presentarase no contexto da reunión de maio do Órgano Subsidiario de Asesoramento Científico e Tecnolóxico da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).

Perspectiva Mundial sobre a Diversidade Biolóxica 5. Inclúe unha análise das accións que está a levar a cabo a comunidade global para garantir a conservación da biodiversidade e o seu uso sostible.

O impacto das tormentas de area e pó nos océanos. Neste informe desgránase  a forma en que as tormentas de area e pó impactan sobre os ecosistemas mariños e os medios de vida asociados. Agárdase que esta publicación sexa lanzada ea Conferencia sobre os Océanos da ONU, que terá lugar en Lisboa, Portugal, do 2 ao 6 de xuño.

O estudo, producido polo Panel Internacional de Recursos do Programa da ONU para o Medio Ambiente, proporciona unha imaxe holística dos impactos das actividades terrestres sobre os recursos costeiros e propón respostas de gobernanza efectivas para abordalos.

Informe de Perspectivas sobre o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 14 do Programa sobre Mares Rexionais, no que se analiza a brecha entre o que se está facendo e o que se debe facer para alcanzar o ODS 14, con base en estudos de casos do Programa sobre Mares Rexionais.

Saúde humana e contaminación do océano. Esta publicación ofrecerá unha avaliación dos vínculos actuais entre a polución mariña e a saúde humana, e analizará as ameazas emerxentes.

Informe mundial sobre arrecifes de coral. Está producido polo Programa de ONU para o Medio Ambiente, a Iniciativa Internacional de Arrecifes de Coral, o Instituto Australiano de Ciencias Mariñas e a Rede Mundial de Monitoreo de Arrecifes de Coral.

Informe de síntese global sobre biodiversidade. O Programa de ONU Medio Ambiente está reunindo a un equipo de científicos do máis alto nivel para desenvolver dous documentos

- Un centrado na biodiversidade para promover un acordo ambicioso na Conferencia da ONU sobre Biodiversidade, COP 15, en Kunmíng , China.

- Outro que destaca as mensaxes clave de todas as avaliacións globais para alimentar o debate intergubernamental na quinta sesión da Asemblea da ONU Medio Ambiente, en febreiro de 2021, e nos preparativos para a conmemoración dos 50 anos do seu Programa.

Informe Planeta Protexido 2020. No mesmo revisarase o progreso alcanzado globalmente cara ao logro da Meta de Aichi 11 do Plan Estratéxico para a Biodiversidade 2011-2020, e destacará o papel das áreas protexidas como estratexia clave para a conservación da biodiversidade.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Imaxe: Pixabay

25 Mar 2020

Galería