SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A ONU reclama redobrar esforzos para atallar de raíz a contaminación por plásticos

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Advirte que, se ben houbo avances significativos, alcanzándose en 2019, e de forma colectiva, o 6,2% dos obxectivos de contido reciclado postconsumo, os esforzos seguen centrados nun conxunto relativamente pequeno de materiais e formatos, que principalmente se substitúen por outros plásticos ou papel.
  • Debido a que, para facer fronte ao problema da contaminación plástica, deberase reducir ao 50% o uso dos plásticos para 2040, a ONU sinala que as empresas deberán establecer follas de ruta creíbles con obxectivos máis ambiciosos e alcanzables, acompañados de políticas e mecanismos por parte dos gobernos que faciliten a circularidade destes produtos.

Cerceda, a 1 de decembro de 2020.- Dado que os plásticos supoñen unha ameaza para o planeta e nosa propia saúde, unhas 250 empresas e organizacións públicas e privadas asinaron no 2018 o Compromiso Global pola Nova Economía dos Plásticos, un documento no que se define a folla de ruta coa que se pretende alcanzar a circularidade no ciclo de vida dos plásticos para 2025.

O grupo sinatario, que na actualidade conta con 500 entidades adscritas, realizou, segundo os datos recollidos no segundo balance de progreso acometido pola ONU, en colaboración coa Fundación Ellen MacArthur, avances significativos en dúas áreas clave: a incorporación de contido reciclado en envases de plástico e a eliminación progresiva dos mesmos en embalaxes e en produtos de usos limitados, como as pajitas ou as bolsas de plástico.

Neste documento móstrase que se alcanzaron, de forma colectiva, o 6,2% dos obxectivos de contido reciclado postconsumo en 2019. Este aumento tradúxose nunha redución do 0,1% no volume total de plástico virxe utilizado nestas empresas nese mesmo período, logrando en total unha diminución do 1,9%.

Tamén se indica que a gran maioría dos sinatarios (100% dos gobernos e o 81% de empresas con plásticos problemáticos ou innecesarios dentro das súas carteiras) informaron o ano pasado que teñen plans ou medidas para eliminar ou reducir o plástico virxe nos empaquetados ou eliminar os empaquetados plásticos por completo.

Así mesmo, o informe destaca que os esforzos de eliminación seguen centrados nun conxunto relativamente pequeno de materiais e formatos, que principalmente se substitúen por outros plásticos ou papel. Só o 23% dos exemplos informados polos sinatarios utilizaron métodos innovadores para repensar fundamentalmente os envases, produtos e cadeas de subministración para reducir a necesidade de embalaxe en primeiro lugar.

A tenor dos datos, a ONU advirte de diferenzas significativas no nivel de progreso dos distintos sinatarios xa que, “mentres algúns deron grandes pasos, outros mostraron pouco ou ningún progreso con respecto aos obxectivos cuantitativos”. 

Debido a que, para facer fronte ao problema da contaminación plástica, deberase reducir ao 50% o uso dos plásticos para o 2040 (unha década na que, por outra banda, agárdase que se duplique a produción destes materiais), a ONU sinala que, se se quere realmente atallar este problema, as empresas deberán establecer follas de ruta creíbles con obxectivos máis ambiciosos e alcanzables, acompañados de políticas e mecanismos por parte dos gobernos que faciliten a circularidade destes produtos.

Fonte: Xestores de Residuos

Imaxe: Pixabay

1 Dec 2020

Galería