Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Os ósos de aceituna, alternativa sostible para a fabricación de materiais de construción

Print this pagePrint this page
  • Así o demostraron investigadores da Universidade Politécnica de Madrid, que estudaron aplicacións máis rendibles e eficientes para estes residuos, toda vez que poden substituír aos agregados lixeiros máis utilizados en construción de edificios e obra civil, mellorando as súas propiedades térmicas e acústicas.

Cerceda, a 13 de abril de 2018.- Investigadores da Escola Técnica Superior de Edificación (ETSEM) e da Escola Técnica Superior de Enxeñería e Deseño Industrial (ETSIDI) da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), demostraron que os ósos de aceituna carbonizados poden actuar como substitutos sostibles dos agregados lixeiros máis utilizados na construción de edificios e obra civil.

Dada a condición de España como primeiro país produtor de aceite de oliva do mundo, non é de estrañar que, cada ano, esta industria xere unhas 37.500 toneladas de residuos en forma de ósos de aceituna que, se ben a día de hoxe se utiliza como biomasa, o certo é que o seu poder calorífico é sete veces máis baixo que o gasóleo da calefacción.

A procura de aplicacións máis rendibles e eficientes para estes refugallos foi o que levou á UPM a estudar outras aplicacións en substitución da perlita, a vermiculita e, sobre todo, a arxila expandida, materiais que se engaden a pastas, morteiros e formigóns para reducir a súa densidade e mellorar as súas capacidades térmicas e acústicas.

A fin de demostrar a viabilidade do proxecto, fixéronse probas con distintos tipos de residuos: ósos enteiros, triturados e calcinados, concluíndo que os dous primeiros non serven como agregados de morteiros, xa que non chegaron a fraguar. Esta circunstancia si se dou nos ósos de aceituna calcinados debido a súa gran porosidade, granulometría uniforme, baixa densidade real e aparente, e grao de adherencia co cemento, demostrando funcionar como agregados lixeiros. Non obstante, para poder traballar de forma axeitada con estes morteiros alixeirados con ósos de aceituna, necesitan unha relación de auga/cemento maior que outros morteiros alixeirados con outro tipo de agregados, circunstancia que en ningún caso condiciona as resistencias mecánicas.

Mercedes del Río, investigadora do grupo de Tecnoloxía Edificatoria e Medio Ambiente da UPM, explicou que as excelentes cualidades destes agregados permiten que se utilicen en edificación ou obra civil para a realización, non só de morteiros alixeirados para revestimentos ou recrecidos, senón tamén para a confección de formigóns lixeiros illantes ou estruturais que poden aplicarse na execución de recrecidos, soleiras e pendentes nas azoteas, contribuíndo ao illamento térmico do conxunto ou para recheos en noiros de movementos de terras. Así mesmo, poderían usarse igualmente na fabricación de elementos prefabricados tales como bovedillas, bloques ocos ou macizos, placas de imitación a pedra, e ata utilizarse para a realización de recheos en seco.

Fonte e foto: UPM

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Abr 2018

Galería