SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os consumidores españois prefiren embalaxes reciclables para a comida rápida

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Dos 1.010 adultos entrevistados a través dun estudo encargado por Pro Cartón, un 58% asegura que o recicla todo, mentres que un 17% admite que raramente recicla as embalaxes de fast food
  • O 25% considera que é demasiado difícil limpar a embalaxe da comida para levar e, o 20%, que a embalaxe é demasiado grande para introducila nos contedores.

Cerceda, a 12 de xaneiro de 2021.- Conforme aos resultados dun estudo encargado por Pro Cartón (Asociación Europea de Fabricantes de Cartón e Envases de Cartón), o 97% dos consumidores españois afirma que os restaurantes e food trucks deberían utilizar embalaxes reciclables.

Dos 1.010 adultos entrevistados, un 58% asegura que o recicla todo, mentres que un 17% admite que raramente recicla as embalaxes de fast food.

Pola súa banda, un 25% considera que é demasiado difícil limpar a embalaxe da comida para levar e, o 20%, que é demasiado grande para introducila nos contedores.

Como media, cada individuo refuga anualmente 310 envoltorios, paquetes e caixas de comida rápida

Tony Hitchin, xerente xeral de Pro Cartón, indica que “Co auxe da comida para levar debido aos confinamentos de 2020, esta investigación proporciona ingredientes para as marcas interesadas en reducir o impacto medioambiental das embalaxes que utilizan. Cada vez son máis as embalaxes para comida para levar que xa se realizan con cartón, como sobres para patacas fritas, caixas para hamburguesas ou envases para noodles, polo que agora é posible (e débese) reciclar máis embalaxe de comida para levar que nunca antes”. Así mesmo, asegura  que “O cartón é o formato de embalaxe preferida polos consumidores, polo que agardamos ver que aínda máis operadores de comida rápida adoptan embalaxes respectuosas co medio ambiente e ao público xeral colaborando ao reciclalos, especialmente nas comidas fóra do fogar”.

Fonte: Pro Cartón

Imaxe: Pixabay

Máis información en www.procarton.com

12 Xan 2021

Galería