Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Os Ecovixiantes de Ourense, fieis aliados do Proxecto Libera

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Proba disto son as súas continuas tarefas de limpeza de espazos públicos co fin de combater o littering e as súas incesantes campañas en defensa da natureza e o medio ambiente.
  • Con todo, e máis aló desta loable tarefa, tamén achegan información valiosa ao proxecto, promovido por SEO/ Birdlife, en alianza con Ecoembes, ao recabar datos de interese sobre as cantidades e características dos residuos recollidos.
  • A contribución deste colectivo ao proxecto Libera ten lugar dentro dos tres eixos sobre os que este se sustenta: o coñecemento, a prevención e a participación.

Cerceda, a 7 de decembro de 2017.-  Os ecovixiantes do colexio Divina Pastora de Ourense, centro escolar que veu participando en sucesivas edicións do programa “Recíclate con Sogama” co obxectivo de incrementar cada ano a súa achega á reciclaxe, convertéronse en toda unha icona da sostibilidade. As súas continuas tarefas de limpeza de espazos públicos e as súas incesantes campañas en defensa da natureza e o medio ambiente levounos a ser uns incondicionais do proxecto nacional Libera, que promove a ONG SEO/ Birdlife, en alianza con Ecoembes.

E é que o seu perfil axústase perfectamente aos canons desta iniciativa, xa que a súa pretensión non é outra que liberar a natureza de lixo e combater o littering. Pero máis aló desta loable tarefa, achegan valiosa información ao proxecto ao recabar datos de interese sobre as cantidades e características dos residuos recollidos, levando a cabo igualmente unha intensa campaña de información, formación e concienciación para que os cidadáns compartan as boas prácticas e eviten tirar refugallos á contorna.

A contribución deste colectivo ao proxecto Libera ten lugar dentro dos tres eixos sobre os que se sustenta. O ámbito do coñecemento, contribuíndo á ciencia cidadá ao achegar información necesaria para identificar solucións eficaces que contribúan a minimizar o littering; o ámbito da prevención, difundindo aquelas mensaxes que poidan chegar ao corazón e á conciencia da poboación para que esta interiorice a necesidade de manter limpa a contorna; e o ámbito da participación, tentando que o problema sexa asumido como propio por parte de cada un dos cidadáns, impulsando con isto a mobilización social.

Os ecovixiantes, liderados polo profesor Lalo Sánchez Pavón, non decaen no seu empeño de contribuír a un mundo mellor, agora e no futuro. A súa activa e persistente participación en distintas iniciativas fixeron deste colectivo todo un referente. As súas batidas de limpeza son habituais en Ourense e a súa impecable organización fan posible que o traballo desenvolvido sexa sempre eficaz e con excelentes resultados. Limpar o que outros ensucian converteuse no centro do seu traballo. Pero, a pesar diso non perden a esperanza de que a racionalidade, o sentido común e a solidariedade acaben impoñendo a súa lei.

Saúdos, Departamento de Comunicación

 

7 Dec 2017

Galería