Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os educadores de Sogama reciben unha alta valoración por parte de distintos colectivos sociais

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Á marxe das visitas recibidas no Complexo Medioambiental de Sogama, atenderon, a través de charlas externas, a 1.500 persoas durante o primeiro  semestre do ano en curso.
  • Nun intervalo de 0 a 5, a puntuación media de todos o ítems avaliados foi de 4,7, levándose os educadores, polo seu bo facer e grao de implicación un 4,9.
  • Nas charlas destinadas a escolares priorizouse o consumo responsable, a prácticas dos tres erres, o cometido de Sogama e outros temas de actualidade tales como o lixo mariño, o desperdicio alimentario e a contaminación por plástico.
  • Tamén impartiron, con gran éxito, varios cursos presenciais sobre compostaxe doméstica orientados aos veciños dos concellos adheridos ao programa de Sogama.

Cerceda, a 18 de xullo de 2019.- Os educadores ao servizo de Sogama, pertencentes á firma Applus, continúan a ser un dos ingredientes estrela do programa de visitas ao Complexo Medioambiental de Cerceda, así como das charlas formativas externas impartidas por esta entidade pública, tanto en centros escolares como en colectivos sociais diversos.

Así o acreditan os resultados das enquisas cubertas polos responsables dos distintos grupos destinatarios das sesións teórico-prácticas, a través das cales se deu cobertura a preto de 1.500 destinatarios durante o primeiro semestre. 

Nun intervalo de 0 a 5, a puntuación media de todos o ítems avaliados foi de 4,7, valorándose, entre outros aspectos, a satisfacción coa actividade, a dinamización da mesma, o grao de coñecemento sobre o cometido de Sogama en Galicia, a adaptación das explicacións ao colectivo, o valor educativo das mesmas, a organización das charlas e a estrutura das mesmas. Con todo, as atencións prestadas polos monitores e súa elevada implicación foron puntuadas cun 4,9, dato que vén a demostrar a alta capacidade desta empresa para instruír a grupos de distintas características nunha xestión máis sostible dos residuos dunha forma pedagóxica, interactiva e axustada aos intereses das distintas persoas.

Nas charlas orientadas a escolares de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional, cunha duración aproximada de 60 minutos, profundouse no concepto dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), no consumo responsable e na necesidade de separar os materiais e depositalos nos contedores correspondentes para transformalos en novos  produtos. Nalgúns  casos tamén se abordaron outras temáticas de  actualidade como o lixo  mariño, a contaminación por plásticos, o desperdicio alimentario e a recuperación da materia orgánica a través da compostaxe. A información facilitada polos educadores estivo apoiada por presentacións, vídeos e xogos a fin de facer máis amenas e divertidas as sesións.

Tamén se impartiron  diversos cursos presenciais de compostaxe doméstica a distintos concellos que decidiron adherirse ao programa de Sogama, trasladándolles a oportunidade que representaba a autocompostaxe nas vivendas unifamiliares con terreo  (xardín ou horta) para aproveitar a materia orgánica e convertela en compost, un abono natural con excelentes propiedades para o solo e  que regresa á terra en forma de nutrientes pechando o círculo da reciclaxe, sendo un magnífico exemplo de economía circular.

Saúdos, Departamento de Comunicación

18 Xul 2018

Galería