SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os españois consideran que a UE é a entidade máis relevante na loita contra o cambio climático

Print this pagePrint this page
  • Así se desprende da sexta e última edición da enquisa publicada polo BEI e na que se avalía a percepción que teñen os cidadáns de Europa, China e Estados Unidos sobre o cambio climático.
  • Malia que os españois séntense apoiados pola UE, non se mostran satisfeitos coa eficacia das medidas adoptadas e só un 21% as cualifica como axeitadas, sendo os mozos/as os grupos que as valoran de forma máis positiva.
  • O fomento das enerxías renovables e a detención da deforestación atóptanse entre as prioridades dos europeos, chinos e estadounidenses en materia de acción climática.

Cerceda, a 29 de maio de 2019.- En colaboración coa empresa de opinión pública mundial YouGov, o Banco Europeo de Investimentos (BEI) publicou a sexta e última edición da enquisa sobre o clima na que se avalía a percepción que teñen os cidadáns de Europa, China e Estados Unidos sobre o cambio climático.

Nesta ocasión abordáronse as expectativas en torno á Unión Europea á hora de combater este fenómeno. No caso dos españois, visualízanna como a entidade pública máis relevante na loita contra o cambio climático, cun impacto maior que o dos gobernos nacionais e locais.

O 26%  séntese apoiado pola UE nas súas accións e comportamentos a favor do clima, unha percepción que se sitúa en liña co resto dos europeos.

Malia isto, os españois non se senten satisfeitos coa eficacia das medidas adoptadas e só un 21% as cualifica como axeitadas. As opinións difiren en función do grupo de idade. Así, os máis novos expresan unha valoración máis positiva e o 29% da poboación con idades comprendidas entre os 18 e os 34 anos consideran eficaces as medidas aplicadas pola UE. Esta porcentaxe baixa ao 16% no caso dos maiores de 55 anos.

Ante a pregunta das principais políticas de acción en favor do clima que os cidadáns porían en marcha se tivesen a oportunidades de tomar decisións de Estado, o 48% inclinaríase polas enerxías renovables e o 40% detería a deforestación.

Outras prioridades serían investir en investigación e planificación de accións para eliminar CO2, prohibir as bolsas de plástico para 2020, que os edificios novos non consuman enerxía para este mesmo ano e servizos de transporte público gratuíto, entre outras.

Para os cidadáns europeos (42%) e chineses (41%), a súa prioridade sería deter a deforestación para o ano 2025, e os estadounidenses (30%) optaría pola produción eléctrica a partir de renovables antes de 2050.

A tenor destes resultados, Emma Navarro, vicepresidenta do BEI responsable da acción polo clima e o medio ambiente, manifestou que “seguiremos aumentando os nosos investimentos e mobilizando o financiamento privado para acelerar a transformación da nosa sociedade cara a modelos de crecemento máis sostibles e axudar así a cumprir o Acordo de París”.

Fonte: BEI

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

29 Mai 2019

Galería