SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os fogares españois tiran ao lixo máis de 1.240 millóns de quilos de comida cada ano

Print this pagePrint this page
  • Así se recolle no VI Observatorio Nestlé sobre Hábitos Nutricionais e Estilos de Vida das Familias, dado a coñecer con motivo do Día da Nutrición, poñendo o foco de atención sobre o desperdicio alimentario.
  • O pan é o artigo que máis se refuga, seguido pola froita e as verduras.
  • Malia que existe unha maior concienciación da poboación ao respecto, urxe pasar á acción ou evitar que a comida acabe arroxada ao cubo do lixo.
  • En canto ás sobras, o 23% dos enquisados asegura tiralas directamente e o 13% gárdaas co obxectivo de reaproveitalas, aínda que finalmente acaban desperdiciadas.

Cerceda, a 28 de maio de 2019.- No marco do Día da Nutrición, que se celebra hoxe, fixéronse públicos os resultados do VI Observatorio Nestlé sobre Hábitos Nutricionais e Estilos de Vida das Familias, que nesta ocasión puxo o foco de atención no desperdicio alimentario, un fenómeno sobre o que, malia existir unha maior concienciación cidadá, aínda arroxa cifras preocupantes: os fogares españois tiran ao lixo máis de 1.240 millóns de quilos de comida cada ano.

O 90% da poboación cre desperdiciar pouco ou nada fronte ao 11% que considera que desperdicia moito ou bastante. Con todo, cando se pregunta aos cidadáns polos alimentos que acabaron no cubo do lixo durante a última semana, o 27% recoñece ter tirado entre un 5 e máis dun 25% da comida cociñada, así como alimentos crus que tiña na casa.

Atendendo ás tipoloxía de produtos, o pan é o artigo que máis se refuga. Así o admite o 25% dos enquisados, seguido pola froita e as verduras (20%); unhas porcentaxes que representan o dobre da cantidade de carne, peixe ou legumes. Pola súa banda, os ovos e lácteos son os alimentos que se aproveitan en maior medida.

Ante un escenario destas características e, aínda que existe maior sensibilización social sobre o desperdicio alimentario, urxe pasar da intención á acción, da boa vontade á práctica efectiva. Porque, tal e como explicou Rafael Casas, doutor e médico experto en promoción de hábitos saudables que colaborou neste estudo promovido por Nestlé e realizado pola firma de investigación de mercados IPSOS, se ben é certo que os cambios de conduta social comezan por tomar conciencia do problema, non menos certo é que fai falta dispoñer de ferramentas para aplicalos.

NOVA VIDA PARA AS SOBRAS

Segundo o Observatorio, o 36% dos españois tira as sobras do prato. O 23% refúgaas directamente e o 13% gárdaas co obxectivo de reaproveitalas, aínda que finalmente acaban no lixo. Moitos consérvanas nun primeiro momento, pero o 14% confesa que non sabe que facer coas mesmas.

Ata o 42% das persoas que conservan as sobras recoñecen que acaban recorrendo aos fritos para convertelas en novos menús. Non obstante, as posibilidades para elaboar novos pratos coas mesmas son múltiples.

Fonte: Nestlé

Saúdos, Departamento de Comunicación

28 Mai 2019

Galería