Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible centran o II Congreso RSC UNESA

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Baixo o lema “ODS, que nos queda por facer?”, celebrarase este mércores, 18 de abril, na sede da CEOE, reunindo a representantes das compañías eléctricas, entre elas Gas Natural Fenosa, así como a de diversas institucións e ONGs.
  • As dúas sesións contempladas no programa profundarán nos ODS e estarán moderadas por Ana de la Torre, de Radio Nacional de España, e Pablo Martín, Director de Corresponsables España.

Cerceda, a 16 de abril de 2018.- Baixo o lema “ODS, que nos queda por facer?”, UNESA (Asociación Española da Industria Eléctrica) levará a cabo  este mércores, 18 de abril, na sede da CEOE, en Madrid, o II Congreso sobre Responsabilidade Social Corporativa, profundando nos obxectivos de desenvolvemento sostible na axenda global e das empresas. Trátase, en todo caso, de intercambiar experiencias e puntos de vista en torno a cuestións diversas que marcan e marcarán o devir da sociedade no horizonte do ano 2030, toda vez que estamos ante obxectivos de amplo alcance que inclúen o crecemento económico, a inclusión social e a protección ambiental.

Ademais das compañías eléctricas, no evento daranse cita representantes de diversas institucións e ONGs, poñendo de relevo o esforzo que se veu realizando ata o de agora para dar cumprimento aos ODS e identificando aquelas cuestións e necesidades que requiren de maior atención para seguir avanzando no ámbito da sostibilidade.

AMPLA REPRESENTACIÓN DO SECTOR

Tralo acto de apertura, que correrá a cargo do Presidente da Rede Española do Pacto Mundial, Ángel Pes, celebraranse dúas sesións que se centrarán exclusivamente nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

A primeira, que estará moderada por Ana de la Torre, de Radio Nacional de España, contará coas achegas do Director de RSC de Endesa, Ángel Fraile; a Directora de Medio Ambiente, Sostibilidade, Innovación e Calidade de EDP, Yolanda Fernández Montes; o Director Xeral de Cooperación e Solidariedade da Generalitat Valenciana, Federico Buyolo; e a Directora de Alianzas e Estratexias de Proxectos da Fundación Tomillo, Elena Roncal Duo.

Durante a segunda, en que Pablo Martín, Director de Corresponsables España, actuará como moderador, participarán o Director de Innovación, Sostibilidade e Calidade de Iberdrola, Agustín Delgado Martín; o Responsable de Reputación e Sostibilidade de Gas Natural Fenosa, Antonio Fuertes; a Directora de Comunicación e Responsabilidade Corporativa de Viesgo, Cristina Monge; e o Director de Calidade e RSC de FCC Construcción, Antonio Burgueño.

Pola súa banda, a Directora de Comunicación e RSC de UNILEVER, Ana Palencia, impartirá un relatorio sobre a incorporación dos ODS nesta compañía.

A clausura da xornada virá da man da Directora Xeral do Traballo Autónomo, da Economía Social e da Responsabilidade Social das Empresas do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, Carmen Casero González, que estará acompañada pola Presidenta de UNESA, Mariña Serrano, e Juan Rosell, Presidente de CEOE.

Fonte: www.unesa.es

Saúdos, Departamento de Comunicación

16 Abr 2018

Galería