SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os premios LIFE, un impulso cara a un futuro máis sostible

Print this pagePrint this page
  • Desde a súa creación, en 1992, o programa LIFE, instrumento económico da UE enfocado ao medio ambiente e a acción polo clima, financiou milleiros de proxectos en distintos países, asinando ao período 2014-2020 un orzamento de 3.400 millóns de euros.
  • Os premios deste ano foron especialmente complexos debido á elevada afluencia de candidaturas, tendo seleccionado 191, unha cifra sen precedentes.
  • Grazas aos éxitos colleitados ao longo do tempo, esta ferramenta financeira ampliarase e fará etensible a outros sectores, sumando ás áreas xa existentes (Natureza, Medio Ambiente e Acción Climática), a de Enerxía.

Cerceda, a 12 de setembro de 2019.- Os premios LIFE distinguen cada ano a proxectos que impulsan un futuro máis sostible para Europa.

Desde a súa creación, en 1992, o programa LIFE, o instrumento económico da UE enfocado ao medio ambiente e a acción polo clima, financiou milleiros de proxectos en distintos países orientados á redución de emisións, á dinamización das enerxías renovables e á protección da biodiversidade.

O ciclo actual de financiamento comprende o período 2014-2020 e conta cun orzamento de 3.400 millóns de euros.

Angelo Salsi, xefe de unidade de LIFE, enxalzou a gran importancia destes galardóns, xa que tamén premian a capacidade da UE para actuar como motor do cambio a escala local. «Estes premios demostran que o sistema funciona e que os proxectos financiados por LIFE xeran emprego e oportunidades, e evitan a desaparición de especies e hábitats».

Polo xeral, o equipo de Salsi preselecciona uns poucos proxectos que destacan polos seus resultados e que optan aos premios nas categorías de medio ambiente, natureza e clima, pero este ano foi necesario ampliar esta lista para dar cabida a 191 proxectos, un número de candidaturas sen precedentes nunha edición especialmente rifada.

PROXECTOS GALARDOADOS

O xurado estivo integrado pola eurodiputada Adina-Ioana Valean, Fiona Harvey, corresponsal especializada en temas de medio ambiente en The Guardian, e Giovanni Fili, director xeral e fundador da empresa de tecnoloxías solares Exeger Operations.

Na categoría de natureza, o proxecto gañador foi LIFE WolfAlps pola súa contribución ao aumento das poboacións de lobos nas rexións alpinas de Francia, Italia e Eslovenia.

Na categoría de medio ambiente, o galardón foise para LIFE AGROintegra, un proxecto español cuxo obxectivo era limitar o uso de pesticidas nas explotacións agrarias e facer demostracións de posibles alternativas.

E na de acción climática, elixiuse ao proxecto oLIVE-CLIMA  polos seus esforzos para que os agricultores gregos adopten técnicas agrícolas sostibles e adaptables ao cambio climático.

De cara a seleccionar ao gañador da cuarta e última categoría, o premio LIFE Citizen, un total de nove proxectos sometéronse a unha votación pública, tendo votado preto de 8.000 persoas a través de Facebook. LIFE+ SmartPV, un proxecto destinado a dinamizar o sector solar de Chipre, resultou elixido.

AMPLIACIÓN E REFORZO

O programa LIFE evidencia que os pequenos proxectos poden ter un impacto enorme cando reciben o respaldo e os recursos da UE. Grazas aos éxitos colleitados ao longo do tempo, este instrumento financeiro ampliarase e farase extensible a outros sectores, sumando ás áreas xa existentes (Natureza, Medio Ambiente e Acción Climática), a de Enerxía.

Fonte e imaxe: Revista Medio Ambiente para os Europeos (Comisión Europea)

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Set 2019

Galería