Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os residuos plásticos son recoñecidos como un dos problemas ambientais de maior calado

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Na Conferencia das Partes (COP) dos convenios de Basilea, Rotterdam e Estocolmo, 180 países acordaron regular o fluxo  internacional de residuos plásticos e adoptar unha serie de decisións en torno a distintos produtos químicos e residuos cualificados como perigosos.
  • Xenebra foi o escenario deste acordo, que ten por obxecto  reforzar a protección da saúde e o medio ambiente.

Cerceda, a 20 de maio de 2019.- O pasado 11 de maio, Xenebra escenificou o acordo  materializado por 180 países para regular, por primeira  vez, o fluxo  internacional de residuos plásticos e adoptar unha serie de decisións en torno a distintos produtos químicos e refugallos cualificados como perigosos, reforzando desta forma a protección da saúde e o medio ambiente.

Dado o alcance da contaminación por plásticos, téndose convertido a día de hoxe  nun dos problemas ambientais de maior calado, na Conferencia das Partes (COP) dos Convenios de Basilea, Rotterdam e Estocolmo, que aglutinou a participación de 1.400 delegados baixo o lema “Planeta limpo, xente sa: xestión racional de produtos químicos e residuos”, os gobernos decidiron modificar o convenio de Basilea e incluír os residuos plásticos nun marco legal vinculante a fin de que o comercio dos mesmos sexa máis transparente e conte cunha regulación máis consistente.

Así mesmo, os Estados aprobaron tamén a creación dunha nova Alianza sobre Residuos Plásticos para mobilizar os recursos, intereses e experiencia de empresas, gobernos, mundo académico e sociedade a fin de posibilitar a implantación de medidas máis efectivas neste sector.

Tamén na COP decidiuse erradicar, no marco do Convenio de Estocolmo, dous grupos químicos tóxicos, o dicofol e o ácido perfluorooctanoico, así como os seus sales e compostos relacionados, que suman en torno a 4.000 químicos. Cabe recordar que o ácido perfluorooctanoico utilizouse nunha ampla variedade de aplicacións industriais e domésticas tales como utensilios de cociña antiadherentes e equipos de procesamento de alimentos, así como un surfactante en téxtiles, alfombras, papel, pinturas e espumas contra incendios.

E xa en relación ao Convenio de Rotterdam, e no ámbito do comercio de certos praguicidas perigosos e produtos químicos industriais, engadíronse dous produtos químicos, isto é, o forato de pesticidas e o hexabromociclododecano, supeditándoos así ao procedemento de consentimento fundamentado previo e a través do cal os países poden decidir sobre as futuras importacións desas sustancias químicas.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

20 Mai 2019

Galería