SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Os socios de Res2ValHum manteñen unha nova xuntanza en Guimaraes (Portugal)

Print this pagePrint this page
  • Terá lugar mañá e pasado (11 e 12 de xuño), incluíndo un encontro para dar conta dos avances do proxecto e un workshop no que cada socio explicará o traballo desenvolvido ata o de agora.
  • No caso de Sogama, será o seu director xeral, Isidro García Téllez, o encargado de explicar as distintas actividades de capacitación e sensibilización promovidas por esta entidade pública.
  • As accións desenvolvidas estiveron focalizadas cara a un obxectivo común: poñer en valor a materia orgánica, verdadeiro espírito do Res2ValHum.

Cerceda, a 10 de xuño de 2019.- O proxecto europeo de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal Res2ValHum, cuxo obxectivo é poñer en valor a materia orgánica a fin de evitar o seu depósito en vertedoiro, aborda o que será o último semestre de actividade cunha nova reunión dos socios que terá lugar no Centro de Valorización de Residuos (CVR,) con sede en Guimaraes (Portugal), durante os días 11 e 12 de xuño, xornadas que tamén serán aproveitadas para celebrar un workshop interno.

Liderado pola Universidade do Minho, Res2ValHum conta coa participación de tres entidades galegas (Sogama, CVAN e a Universidade de Santiago de Compostela) e outras tres portuguesas (Lipor, CVR e Braval); cada unha desempeñando cometidos concretos que conforman un plan de acción global a través do cal se pretende enxalzar as bondades do compost e as súas diversas aplicacións, que van máis aló da súa función como remediador de solos.

Así mesmo, a iniciativa concíbese como unha forma de estreitar lazos a ambos os dous lados da fronteira e de sumar esforzos para avanzar cara a unha xestión máis sostible dos residuos que teña a economía circular como patrón de referencia, isto é, promover o consumo responsable, previr e reducir a produción de refugallos, fomentar a reutilización a través dun maior aproveitamento dos produtos e propiciar a reciclaxe mediante a correcta segregación dos residuos en orixe e posterior depósito dos mesmos nos diferentes contedores de recollida selectiva.

O día 11, e trala xuntanza dos socios  para abordar a situación técnica e financeira do proxecto, desenvolverase un programa que estará protagonizado polos técnicos das diferentes entidades que participan nesta iniciativa. Falarase das ferramentas de xestión de recursos e recollida de datos en Portugal sobre produtores de residuos orgánicos, de compost e utilizacións finais, así como do desenvolvemento, optimización e implantación do proceso de compostaxe con variación de escala a nivel piloto e semiindustrial. Aquí darase conta de aspectos tales como a humificación,  análises realizadas, caracterizacións de distintos parámetros, ensaios de compostaxe a escala de laboratorio e piloto, e avaliación do progreso e propostas de traballo futuras. Felipe Macías, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela será un dos relatorres.

Xa o segundo día, desgranaranse dous grandes bloques temáticos: o desenvolvemento de sesións técnicas de capacitación e de accións de sensibilización e educación ambiental, apartado no que, tanto Lipor como Sogama, da man do seu director xeral, Isidro García, exporán os traballos efectuados por ambas as dúas compañías.

Saúdos, Departamento de Comunicación 

10 Xuñ 2019

Galería