Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Oslo, Capital Verde Europea 2019

Print this pagePrint this page
  • Entre os sectores avaliados para obter este prestixioso galardón atópanse a calidade do aire, o transporte local, a biodiversidade, a xestión de residuos e os baixos niveis de ruído.
  • É a urbe con máis coches eléctricos per cápita no mundo,  conseguindo diminuír nun 35% as emisións de CO2 á atmosfera desde 2012.
  • Agárdase que, en 2020, todo o transporte público de Oslo e do condado veciño de Akershus estea alimentado integramente por enerxía renovable.
  • No apartado de residuos, destaca a súa aposta pola economía circular ao priorizar a reciclaxe, a compostaxe e a conversión en electricidade da parte non reciclable.
  • Os espazos públicos que ata agora estaban ocupados por vehículos son utilizados pola comunidade para realizar actividades culturais e artísticas ao aire libre, así como para crear parques infantís ou aparcamentos de bicicletas, un medio de transporte presente nun total de 200 estacións.

Cerceda, a 14 de novembro de 2018.- Oslo foi recoñecida co galardón “Capital Verde Europea 2019”, evidenciando desta forma o seu compromiso coa sostibilidade e a protección do medio ambiente.

Entre os sectores avaliados para obter este prestixioso galardón atópanse a calidade do aire, o transporte local, a biodiversidade, a xestión de residuos e os baixos niveis de ruído.

De feito, a capital de Noruega atópase entre as 42 cidades que participan na campaña “Respira a Vida”, que lidera ONU Medio ambiente, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Coalición Clima e Aire Limpo, sendo o seu obxectivo protexer ás cidades dos efectos nocivos da contaminación do aire.

O COCHE ELÉCTRICO: EN EXPANSIÓN

A día de hoxe, Oslo é a urbe con máis coches eléctricos per cápita no mundo; unha aposta coa que conseguiu diminuír nun 35% as emisións de CO2 á atmosfera desde 2012, mellorando con iso a calidade do aire e a saúde pública.

A fin de estimular a preferencia polo vehículo eléctrico, os cidadáns que optan polo mesmo teñen a oportunidade de beneficiarse dunha serie de vantaxes tales como a redución de impostos, o acceso a carrís preferenciais para o transporte público, viaxes gratuítos en estradas e transbordadores públicos, e acceso libre a estacionamentos municipais. E, para dar servizo a este novo parking de coches, a urbe conta xa con máis dun milleiro de estacións de recargas eléctricas.

Agárdase que, en 2020, todo o transporte público de Oslo e do condado veciño de Akershus estea alimentado integramente por enerxía renovable. Un obxectivo que vai aparellado a ese gran reto de reducir o tráfico de coches pola cidade a fin de mellorar a calidade de vida dos seus habitantes. Os espazos públicos que ata o de agora estaban ocupados por vehículos, son utilizados pola comunidade para realizar actividades culturais e artísticas ao aire libre, e para crear parques infantís ou aparcamentos de bicicletas, un medio de transporte presente nun total de 200 estacións, tanto no centro da cidade como nos seus arredores.

ECONOMÍA CIRCULAR

No apartado de residuos, destaca a aposta pola economía circular ao priorizar a reciclaxe, a compostaxe e a conversión en electricidade da parte non reciclable. O biogás obtido a partir do lixo biolóxico e as augas residuais é utilizado para impulsar os autobuses da cidade e os camións de recollida de lixo.

Adicionalmente, Oslo introduciu en 2016 o denominado “orzamento climático”, unha iniciativa integrada por 42 medidas desagregadas en tres sectores: enerxía e contorna, transporte e recursos, e a partir do cal as emisións contabilízanse coma se se tratase dun orzamento financeiro.

Así mesmo, estableceu a denominada “Rede de Negocios para o Clima” a fin de estimular a cooperación entre os grupos empresariais, as organizacións non gobernamentais e os cidadáns, intentando poñer coto ao impacto das empresas no clima. Implícase tamén na cooperación internacional mediante o apoio a iniciativas tales como o grupo de liderado climático de cidades C40, a Alianza de cidades sen emisións de carbono, ICLEI- Gobernos Locais pola Sostibilidade e Eurocities.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Nov 2018

Galería