SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A pola segunda fase de la ampliación

Print this pagePrint this page
  • Editorial do presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, correspondente ao último número da Newsletter corporativa.

Logo da posta en marcha da nova planta de recuperación de materiais, e case sen darnos tempo a saborear a impronta que xa deixou  esta instalación polo seu carácter pioneiro a nivel europeo, arrancamos o ano centrados en desenvolver a segunda fase da ampliación do complexo medioambiental de Sogama en Cerceda, á que destinaremos 10 millóns de euros,  e que comprenderá a remodelación da antiga planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.

Tras 19 anos de incansable traballo ás súas costas, chegou a hora de introducir a innovación tecnolóxica nesta instalación: renovando equipos, actualizando sistemas e modernizando a súa operativa. Un arduo, pero apaixonante traballo, que se estenderá ata o próximo mes de xuño e que forma parte do plan integral de reciclaxe ao que estamos sometendo a nosa infraestrutura industrial para gañar en eficiencia e optimizar o noso labor.

Como non podía ser doutra  forma, o correcto  tratamento dos residuos neste primeiro semestre está garantido. Levarase a cabo na nova planta, asegurando desta forma o servizo, eficaz e de calidade, prestado aos 295 concellos adscritos ao modelo Sogama.

Paralelamente, a compañía acometerá outras melloras, con especial atención á rede de plantas de transferencia distribuídas polo conxunto de Galicia. A eficiencia tamén se impón aquí para incrementar o seu rendemento e prestacións.

E por se isto fose pouco, o ano comeza con outra  importante novidade, xa anunciada a finais  de 2018: a redución do canon, nun 10%, a aqueles  concellos que certifiquen o seu compromiso coa menor produción de residuos e cunha maior reciclaxe. Preténdese así incentivar a acción cara á  verdadeira sostibilidade coa implicación de todos: administración, empresas e cidadáns.

Estamos, polo tanto, ante uns meses claves nos que acabaremos de dar forma á nova Sogama a través dunha reorientación industrial cara a unha  maior reciclaxe. Unha viaxe na que, malia a innovación tecnolóxica e a modernidade, seguiremos precisando da colaboración dos cidadáns a través de tres xestos básicos e imprescindibles: a redución, a reutilización e a reciclaxe.

 

Presidente

Javier Domínguez Lino

12 Feb 2019

Galería