SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2020

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A convocatoria está promovida pola RAGC e a GAIN, tendo por obxecto recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia e difundilos entre a cidadanía.
  • Contempla tres premios: Francisco Guitán Ojea, Fernando Calvet Prats e Ricardo Bescansa Martínez, dotados cada un con 6.000 euros e un diploma acreditativo.
  • O prazo para a presentación de candidaturas conclúe o próximo 30 de maio.

Cerceda, a 20 de maio de 2020.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia, convoca anualmente os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2020 coa pretensión de recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento na nosa comunidade e difundilos entre a cidadanía. Os destinatarios destes galardóns son os investigadores e as empresas na súa faceta máis aplicada e de transferencia de coñecemento.

GALARDÓNS

Premio “Francisco Guitián Ojea” a un traballo de investigación aplicada para recoñecer a creación, a cargo dun grupo de investigación, dunha tecnoloxía aínda non transferida e da que se deriven claras aplicacións para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. 

Premio “Fernando Calvet Prats” a un caso de éxito de transferencia de tecnoloxía promovido por un grupo de investigación, froito da colaboración cunha empresa. Irá destinado ao grupo de investigación creador da tecnoloxía transferida.

Premio “Ricardo Bescansa Martínez” a un caso de éxito empresarial de implantación de tecnoloxía transferida, froito da colaboración cun grupo de investigación galego. Irá destinado á empresa que teña implantado con éxito a tecnoloxía transferida. 

Aos dous primeiros premios poderá concorrer todo o persoal adscrito a centros de investigación emprazados en Galicia, incluíndo os centros tecnolóxicos. Ao terceiro, poderán concorrer empresas galegas ou que teñan un centro de traballo radicado na nosa comunidade.

En ningunha das tres modalidades poderán resultar galardonados grupos de investigación ou empresas que foran premiados nalgunha da edicións anteriores do certame, así como tampouco os académicos/as da RAGC.

Cada un dos premios está dotado con 6.000 euros a acompañaranse dun diploma acreditativo.

O prazo para a recepción de solicitudes abriuse o pasado 1 de marzo e concluirá o próximo 30 de maio.A tramitación das candidaturas faise telemáticamente.

Máis información en

https://www.ragc.gal/es/premios-a-la-transferencia-de-tecnologia-de-galicia/

20 Mai 2020

Galería