SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Preto de 1.200 escolares e 75 docentes asistiron ás clases impartidas por Recíclate con Sogama

Print this pagePrint this page
  • Desprazáronse polos 25 centros de primaria adscritos a este programa para formar a grupos de alumnos/as e profesores/as na correcta xestión dos residuos, quen agora se encargarán de trasladar esta formación ao resto da comunidade educativa.
  • O principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) centrou as sesións teórico-prácticas coas que os monitores obsequiaron aos colexios e que, ademais das preceptivas explicacións, incluíron caracterizacións de bolsas de lixo tipo.
  • As xornadas serviron tamén para que os destinatarios das mesmas puidesen consultar as súas dúbidas e deixar constancia dos seus comentarios e observacións.
  • Os educadores regresarán ás aulas de “Recíclate con Sogama” o próximo mes de marzo para realizar unha visita de seguimento e comprobar a evolución dos proxectos desenvolvidos en cada centro.

Cerceda, a 12 de febreiro de 2019.- Tras unha primeira visita inicial de diagnóstico, realizada a finais  do pasado mes de decembro, os educadores ao servizo de “Recíclate con Sogama” percorreron de novo, durante o mes de xaneiro do ano en curso, os 25 centros educativos adscritos a este programa para impartir charlas formativas, nas que participaron preto de 1.200 escolares e 75 docentes. Agora serán eles os encargados de trasladar o apreso á comunidade educativa dos seus colexios para que, desde aí, a información tamén se proxecte á contorna familiar e social dos pequenos, posibilitando desta forma que cada vez sexan máis as persoas que se sumen á xestión sostible dos residuos.

As sesións, de carácter teórico-práctico, integraron unha presentación de contidos a través da cal se deron a coñecer  os principais conceptos na materia, incidindo no principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe).

TEORÍA E PRÁCTICA EN SINTONÍA

Tras expoñer  a problemática que representa a alta xeración de lixo, desgranáronse os xestos e comportamentos a adoptar para consumir de forma responsable, para previr a xeración de refugallos, para alongar a vida útil dos produtos e para separalos por tipoloxías, unha vez convertidos en residuos. Acto seguido, identificáronse os distintos contedores de recollida selectiva dispostos nas vías públicas, así como os materiais a depositar nos mesmos: amarelo, para envases de plástico, latas e briks; azul, para papel e cartón; iglú verde, para envases de vidro; e contedor convencional, para fracción resto. 

Tamén se fixo un guiño aos  contedores específicos para pilas, aos puntos limpos, recintos pechados aos que os cidadáns deben levar os refgugallos de carácter especial (voluminosos, aceites, aparellos eléctricos e electrónicos, pinturas, vernices, etc), e a compostaxe  doméstica, que esperta gran interese no ámbito escolar, sobre todo no caso das escolas que dispoñen de servizo de comedor e que contan con terreo  (horta ou xardín) no que depositar o compost  resultante. Visualizan así o percorrido que fai a materia orgánica desde que é xerada ata que é devolta á terra en forma de abono natural, pechando o seu ciclo de recuperación e reciclaxe.

A segunda parte das charlas tivo unha dimensión máis práctica. Tratábase de caracterizar unha bolsa de lixo tipo para que os pequenos puidesen comprobar, non só a cantidade media de residuos que, por unidade  familiar, se produce cada día, senón a cantidade e variedade de materiais que a conforman así como a necesidade de segregalos correctamente en orixe  para que poidan ser  reincorporados ao circuíto comercial cunha nova vida.

As sesións  formativas, que espertaron un gran interese, propiciaron que o alumnado e o profesorado puidesen resolver as súas dúbidas e deixasen constancia das súas observacións e opinións.

SEGUIMENTO

Os educadores regresarán ás aulas de “Recíclate con Sogama” o próximo mes de marzo para realizar unha visita de seguimento e comprobar o desenvolvemento  dos seus proxectos de reciclaxe, corrixindo posibles erros e, sobre todo, asesorando e dinamizando o traballo  conxunto que están levando a cabo.

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Feb 2019

Galería