Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Preto dun cento de escolares de Vilalba serán formados por Sogama na correcta xestión do lixo

Print this pagePrint this page
  • Educadores desta empresa pública desprazaranse o próximo día 10 de decembro ao CEIP Antonio Insua Bermúdez para que os escolares poidan ampliar a súa bagaxe no ámbito dos tres erres (Redución, Reutilización e Reciclaxe).
  • Desgranaranse estes tres conceptos e incidirase na importancia de levar a cabo un consumo responsable, de alongar a vida útil dos produtos e de segregar os refugallos por tipoloxías para propiciar o seu posterior reciclado.
  • Co apoio de distintos recursos didácticos e divulgativos, a xornada será aproveitada para solventar dúbidas dos pequenos e invitalos a compartir os seus coñecementos, experiencias e propostas.

Cerceda, a 7 de decembro de 2018.- O próximo 10 de decembro, o CEIP Antonio Insua Bermúdez de Vilalba (Lugo), recibirá a visita dos educadores de Sogama co obxectivo de que preto dun cento de alumnos/as de Educación Primaria sexan formados na correcta xestión dos residuos urbanos.

Contando con recursos de apoio tales como xogos, presentacións e vídeos, os monitores explicarán durante dúas sesións a problemática que, en termos xerais, representa a alta produción de lixo e como debe proceder o cidadán, de forma complementaria ao plan de acción da administración, para facer fronte á mesma. A clave reside en reducir, reutilizar e reciclar.

Neste marco, detallarase o alcance de cada un destes tres erres e formas de levalos á práctica, isto é, mediante un consumo responsable, alongando a vida útil dos produtos e segregando en orixe os distintos residuos para depositalos nos contedores axeitados e propiciar o seu posterior reciclado. Un xesto esencial para garantir que se convertan en recursos, conforme aos preceptos da economía circular.

É por isto que se detallará o que debe e non debe ir en cada un dos contedores habilitados nas vías públicas e a importancia de que a selección sexa o máis atinada posible a fin de que os materiais non estean contaminados por elementos impropios e poidan reciclarse na súa totalidade.

Tamén se chamará a atención sobre as vantaxes que aporta a compostaxe doméstica nas vivendas unifamiliares que contan con terreo no que aplicar o compost resultante, permitindo transformar a materia orgánica nun abono natural de alta calidade que regresa ao solo en forma de fertilizante natural.

Dado que a materia orgánica representa en torno ao 42% da composición media dunha bolsa tipo, con esta opción de reciclaxe obtéñense importantes beneficios ambientais, económicos e sociais.

O encontro cos profesores e escolares do CEIP Antonio Insua Bermúdez será aproveitado para resolver dúbidas, corrixir posibles erros e, sobre todo, para establecer un diálogo aberto e fluído no que todos poidan expoñer as súas ideas e compartan os seus coñecementos e experiencias en aras dunha maior sostibilidade.

Saúdos, Departamento de Comunicación

7 Dec 2018

Galería