SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Preto dunha vintena de colectivos sociais implantaron prácticas de autocompostaxe co apoio de Sogama

Print this pagePrint this page
  • Entre os mesmos distribuíronse 109 composteiros fabricados con materiais reciclados e reciclables.
  • Sumándose ao programa de Sogama, pretenden contribuír  a fomentar as bondades da autocompostaxe desde a dimensión ambiental, económica e social.
  • Tamén foron obsequiados por parte desta empresa pública con material didáctico e, en diversos casos, con cursos presenciais de formación na materia.

Cerceda, a 19 de xullo de 2019.-  A compostaxe doméstica, práctica xa estendida en concellos e centros educativos, tamén fixo acto de presenza nos colectivos sociais. Máis dun cento de distintos puntos de Galicia xa se interesaron por esta iniciativa e decidiron instaurala nas súas dependencias coa axuda de Sogama, que lles subministrou os composteiros necesarios para poder xestionar a través dos mesmos a materia orgánica xerada e propiciar o seu reciclado.

A día de hoxe, son preto de 20 colectivos os que decidiron sumarse ao programa da Sociedade Galega do Medio Ambiente. É o caso de Aspanane Viveiro, a Asociación da Escola Rosalía de Castro de Vigo, a Asociación Veciñal de Remourelle, en Ribadeo, Alborada (Asociación cidadá de loita contra a droga) de Vigo, a Asociación Avante de Val do Dubra, Cáritas Parroquial de Ordes, Asociación Cultural e Xuvenil A Carballeira de Pol, o Centro Penitenciario de Monterroso, a Asociación Ribasaltas de Monforte, o Consorcio de Augas do Louro, o Centro Residencial Docente de Vigo, Proxecto Home en Galicia (Val do Dubra), Recursos Valadares de Outes, Centro Cogami de Silleda e a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso.

Entre todos eles, Sogama repartiu un total de 109 composteiros, que se atopan en moitos casos a pleno rendemento e xerando un abono de excelente calidade que os grupos sociais están a utilizar nas súas hortas e xardíns.

Con esta iniciativa, pretenden tamén contribuír a fomentar as bondades da compostaxe doméstica desde a dimensión ambiental, diminuíndo a frecuencia da recollida e transporte de lixo e, xa que logo, as emisións de CO2 á atmosfera; económica, contribuíndo a que os seus concellos paguen menos a Sogama pola xestión e tratamento do lixo convencional (bolsa negra); e sociais, recuperando unha práctica tradicional en Galicia e que agora se moderniza a través da innovación, resultando máis cómoda e hixiénica.

Os colectivos tamén foron obsequiados por Sogama con manuais didácticos e, os que así o solicitaron, con cursos presenciais de cara a mellorar a técnica dos usuarios e favorecer a produción dun compost de maior calidade.

Saúdos, Departamento de Comunicación

19 Xul 2019

Galería