SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Primeiro abono no CEIP Valle Inclán de Vigo coa axuda do composteiro subministrado por Sogama

Print this pagePrint this page
  • Así o notificou esta semana o docente responsable da horta escolar e dinamizador de Ciencia e Medio Ambiente no centro.
  • O alumnado deste colexio da cidade Olívica interiorizou a importancia de poñer en valor a materia orgánica a través da súa conversión en compost e tivo a oportunidade de visualizar a contribución desta práctica á economía circular.

Cerceda, a 10 de outubro de 2019.-  O CEIP Valle Inclán de Vigo xa ten o seu primeiro compost. Así o notificou a Sogama o docente responsable da horta escolar e dinamizador de Ciencia e Medio Ambiente no centro.

Fai meses solicitou un composteiro a Sogama para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe e a posterior aplicación do compost obtido na horta escolar, que xa deu a súa colleita; unha excelente clase práctica que permite aos pequenos participar nesta iniciativa e interiorizar que unha boa separación dos residuos orgánicos en orixe e un correcto desenvolvemento da técnica, representa unha gran axuda para obter un abono de alta calidade.

O alumnado deste colexio da Cidade olívica sabe á perfección que materiais deben e non deben depositarse no composteiro e a importancia de levar a cabo un exhaustivo control de parámetros clave tales como o osíxeno, a temperatura e a humidade. Desta forma devolven á terra os restos orgánicos e convértenos en recursos, contribuíndo a un modelo de desenvolvemento cara ao que o planeta debe avanzar e que non é outro que o definido pola economía circular.

Desde Sogama, o noso máis sincero recoñecemento a este colexio ecolóxico que vela pola xestión sostible dos residuos e a posta en valor da fracción orgánica, e que tivo a cortesía de compartir connosco a imaxe do seu primeiro abono natural.

Saúdos, Departamento de Comunicación

10 Out 2019

Galería