Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Primeiro buscador online de puntos de entrega de RAEE da man de Ecolec

Print this pagePrint this page
  • A Fundación lanzou esta valiosa ferramenta no marco do Día Internacional da Reciclaxe, sendo o seu obxectivo proporcionar información, real e actualizada, sobre a ubicación dos máis de 800 lugares nos que é posible depositar correctamente estes materiais.
  • Configúrase así como o primeiro buscador online en España capaz de ofrecer, de forma simultánea, datos a través de tres opcións de búsqueda: puntos de venda, establecementos #GreenShop e puntos limpos.
  • É preciso recordar que os refugallos electrónicos crecen tres veces máis rápido que o resto dos residuos, representando un serio problema ao que debe facerse fronte desde a legalidade e con tratamentos correctos que permitan recuperar os seus compoñentes desde o máximo respecto ambiental.

Cerceda, a 13 de xuño de 2018.- No marco do Día Internacional da Reciclaxe, a Fundación Ecolec lanzou un novo buscador de puntos de entrega de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) a través do cal proporciónase información, real e actualizada, sobre a ubicación dos máis de 800 lugares nos que é posible depositar correctamente estes materiais.

Configúrase así como o primeiro buscador online en España capaz de ofrecer, de forma simultánea, datos a través de tres opcións de búsqueda: puntos de venda (é dicir, aquelas tendas que colaboran coa Fundación na correcta xestión dos RAEE), establecementos #GreenShop (tendas adheridas a Ecolec que levan a cabo unha xestión ambiental responsable dos residuos derivados da súa actividade comercial) e puntos limpos (instalacións de titularidade pública e de acceso libre e gratuíto para todos os cidadáns dun municipio, acollendo nas mesmas aqueles refugallos que, dadas as súas especiais características, non poden ser depositados nos contedores situados nas vías públicas).

Esta valiosa ferramenta canalízase como unha oportunidade para axudar aos usuarios de aparellos eléctricos e electrónicos a colaborar activamente no sistema para que poidan ser recuperados, unha vez convertidos en residuos, conforme á normativa vixente, contribuíndo desta forma a un modelo de desenvolvemento circular.

Creada pola Asociación Nacional de Fabricantes e Importadores de Electrodomésticos de Liña Branca (ANFEL) e a Asociación Española de Fabricantes de Pequeno Electrodoméstico (FAPE) en 2004, é dicir, un ano antes da promulgación do Real Decreto 208/2005 sobre aparellos eléctricos e electrónicos, a Fundación Ecolec ten por cometido xestionar os RAEE de forma eficiente e sostible, tanto desde o punto de vista ambiental como económico e social.

Fonte: Ecolec

OS RAEE, UN PROBLEMA DE GRAN MAGNITUDE

Tal e como se recolle no “Monitor Global de Residuos Electrónicos 2017”, no que participa a Universidade das Nacións Unidas (UNU), a Unión Internacional de Telecomunicacións (UIT) e a Asociación Internacional de Residuos Sólidos (ISWA), sendo o seu obxectivo incrementar a conciencia social en torno á problemática que representan os residuos electrónicos, estes continúan en liña ascendente, crecendo tres veces máis rápido que o resto dos residuos. De feito, en 2016 xeráronse, a nivel mundial, 44,7 millóns de toneladas métricas de RAEE, se ben moitos países non dispoñen de datos fiables ao respecto. É por isto que, a través da Alianza Global para Estatísticas de E-waste, UNU, UIT e ISWA, axudarán nesa ardua tarefa de crear unha base de datos mundial de residuos electrónicos para seguir a súa evolución no tempo, toda vez que a dispoñibilidade de datos tórnase en esencial para despregar os mecanismos que permitan facer fronte, desde a sostibilidade, a un problema desta magnitude.

Saúdos, Departamento de Comunicación

13 Xuñ 2018

Galería