SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Proxecto europeo Decoat: cara a recuperación de residuos plásticos de difícil reciclado

Print this pagePrint this page
  • Liderado polo centro belga Centexbel e conformado por un consorcio de 17 socios, entre os que se atopa AIMPLAS, está financiando polo programa H2020 e terá unha duración de 4 anos.

Cerceda, a 15 de maio de 2019.- Os obxectivos europeos de reciclaxe apreman e, neste escenario, a industria europea do plástico comprometeuse a avanzar na recuperación de residuos plásticos, establecendo como meta unha taxa de reciclado do 50% antes do ano 2040. Non obstante, a reciclaxe dalgúns materiais compostos tales como os laminados e os que incorporan recubrimentos, atópase con importantes limitacións ao estar formados por máis dun compoñente químico.

É por isto que AIMPLAS (Instituto Tecnolóxico do Plástico), todo un referente no sector da innovación ambiental aplicada este material, decidiu participar no proxecto europeo DECOAT, financiado a través do programa H2020, a fin de aportar o seu coñecemento, bagaxe e experiencia no desenvolvemento de solucións para a reciclaxe de téxtiles e plásticos impresos ou con recubrimentos, confiando en que se poida reducir, nun 75%, o volume destes refugallos que, en moitas ocasións, acaban en vertedoiro.

Cunha duración de catro anos, o proxecto está liderado polo centro belga Centexbe e conformado por un consorcio de 17 socios que representan a toda a cadea de valor implicada no desenvolvemento de solucións baseadas en aditivos intelixentes para recubrimentos.

Desta forma, desenvolveranse aditivos intelixentes como microcápsulas que se activarán por catalizadores específicos como microondas, calor ou humidade, tendo como obxectivo que a redución da pegada de carbono destes produtos sexa de, alomenos, un 30% e que, ademais, se propicie a xeración dun negocio de 150 millóns de euros en Europa a medio prazo.

O cometido a desempeñar por AIMPLAS neste proxecto é o de seleccionar os compoñentes da planta piloto de reciclado, encargándose igualmente da súa configuración e avaliación do proceso de reciclado de téxtiles con recubrimentos, dispositivos electrónicos domésticos e aplicacións en automóbiles e autobuses, levando a cabo, de forma adicional, a análise da calidade dos materiais reciclados e avaliación das súas posibles aplicacións.

Fonte: AIMPLAS

Imaxe: decoat.eu

Saúdos, Departamento de Comunicación

15 Mai 2019

Galería