Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

Proxecto YPACK: reducindo o desperdicio alimentario con envases biodegradables

Print this pagePrint this page
  • Trátase dun proxecto europeo financiado polo programa Horizonte 2020, e coordinado polo CSIC, no que participan 21 socios pertencentes a 11 países membros, entre os que se atopa a Universidade Jaume I de Castellón.
  • Cunha duración de tres anos, arrAncou o 1 de novembro de 2017, sendo o seu principal obxectivo lograr un envase plástico, totalmente biodegradable e compostable, fabricado a partir de bacterias obtidas de subprodutos da industria alimentaria.
  • Enmarcado na Estratexia Europea de Economía Circular, os seus resultados serán probados e validados en produtos frescos tales como carnes, froitas, verduras e pasta fresca, que son precisamente algúns dos maiores xeradores de desperdicio alimentario.

Cerceda, a 3 de agosto de 2018.- Lograr envases e embalaxes que preserven as propiedades da comida, que sexan respectuosos co medio ambiente e que, ademais, contribúan a diminuír o desperdicio alimentario, constitúe  un dos grandes retos en materia de desenvolvemento e innovación. E neste escenario nace precisamente o proxecto europeo YPACK, que coordina o Instituto de Agroquímica e Tecnoloxía de Alimentos do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), contando igualmente coa participación da Universidade Jaume I de Castellón (UJI), a través do seu Grupo de Polímeros e Materiais Avanzados.

Financiado polo programa Horizonte 2020, esta iniciativa céntrase na investigación de envases biodegradables que permitan reducir as emisións de efecto invernadoiro, evitando ao mesmo tempo os problemas de contaminación inherentes aos residuos plásticos cando estes non son xestionados de forma adecuada.

Cunha duración de tres anos, o proxecto arrAncou o 1 de novembro de 2017 e está conformado por un consorcio de 21 socios pertencentes a 11 países membros da Unión Europea, integrándose no mesmo investigadores e desenvolvedores de materias primas, fabricantes de envases, minoristas e produtores de alimentos, entre outros.

A pretensión é lograr un envase100% sostible, toda vez que estará fabricado “cun tipo de plástico que non se produce con derivados do petróleo, senón con bacterias, obtidos de subprodutos da industria alimentaria, como o soro lácteo ou o residuo do proceso de prensado de froitas para zumes”. Así o manifestou Luís Cabedo, profesor de Ciencia dos Materiais do Departamento de Enxeñería de Sistemas Industriais e Deseño da UJI. Trátase, polo tanto, dunha solución de envasado de alimentos baseada no uso de polihidroxialcanoats (PHA), sendo totalmente renovable, compostable e biodegradable.

Con este proxecto preténdese pechar o círculo de recuperación dos materiais, xa que as solucións propostas no marco do mesmo oriéntanse a manter ou alongar a vida útil dos produtos e minimizar o desperdicio alimentario, así como a pegada ecolóxica dos envases, pero tendo en conta as tendencias do mercado, é dicir, as preferencias dos consumidores e necesidades do mercado, facendo que coincidan coas novas regulacións da Unión Europea e os avances en materiais de empaquetado.

Os resultados serán probados e validados en produtos frescos tales como carnes, froitas, verduras e pasta fresca, que son precisamente algúns dos maiores xeradores de desperdicio alimentario.

EN PLENA  SINTONÍA COA ECONOMÍA CIRCULAR

Dada as súas características, YPACK atópase en perfecta sintonía coa Estratexia Europea de Economía Circular, que contempla o uso de subprodutos da industria alimentaria sen procesar, estudos de análises de ciclo de vida (ACV) e reciclado e biodegradabilidade dos envases.

Así mesmo, sinalar que o grupo, dirixido polo profesor Luís Cabedo, recibiu unha axuda da Fundación Dávalos de Castellón para unha investigación orientada cara ao desenvolvemento de materiais cos que fabricar produtos plásticos desbotables de carácter biodegradable e de orixe renovable. É o caso de vasos, pratos, pajitas ou cuberterías. O financiamento destinarase a sufragar o estudo necesario para desenvolver unha composición axeitada e avaliar a súa biodegradación en condicións de compostaxe e no medio mariño da provincia de Castellón.

Cabe recordar que, ante o incesante incremento de lixo no mar, conformado maioritariamente por plásticos, a Comisión Europea, no marco da Estratexia Europea sobre Plástico, propuxo o pasado mes de maio novas normas coas que pretende reducir o impacto dos dez plásticos dun só uso que, con maior frecuencia, se atopan en praias e mares, e que aglutinan o 70% de todos os residuos mariños, así como das artes de pesca perdidas e abandonadas. Con tal fin, prohibirase a comercialización de produtos plásticos dun só uso para os cales haxa alternativas viables, asequibles e máis limpas. É o caso dos bastonciños de algodón, os cubertos, os pratos, as pajitas, os axitadores de bebidas e os paliños de globos de plásticos.

Fuente: www.uji.es

Saúdos, Departamento de Comunicación

3 Ago 2018

Galería