SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Récord de reciclaxe de envases fertilizantes e fitosanitarios no sistema Sigfito

Print this pagePrint this page
  • Os agricultores españois propiciaron a recuperación de 4.150 toneladas, un 8% máis que en 2017, que foron valorizadas na súa totalidade.
  • Tamén aumentaron o número de agricultores adheridos a SIGFITO, solicitando o albarán de entrega no punto de recollida un 12% máis que no ano anterior, acreditando desta forma o cumprimento  da normativa vixente.

Cerceda, a 11 de xuño de 2019.- Os agricultores españois propiciaron en 2018 a reciclaxe de máis de 4.000 toneladas de envases de fertilizantes e fitosanitarios no sistema SIGFITO, batendo un novo récord que beneficiará en gran medida ao medio ambiente e contribuirá a unha agricultura máis sostible.

Das 7.342 toneladas de envases destas características comercializados o pasado ano, recuperáronse 4.150, o que vén a representar un 56,5% e un incremento do 8% sobre as cantidades recollidas en 2017, que ascenderon a 3.834 toneladas.

Os envases recollidos, que creceron en 13 das 17 comunidades autónomas, foron valorizados na súa totalidade, destinándose a reciclaxe o 96,4% e a transformación enerxética o 3,5%.

Ademais do notable incremento das cantidades de envases de fertilizantes e fitosanitarios reciclados, tamén aumentaron o número de agricultores adheridos a SIGFITO, que actuaron conforme ao protocolo establecido. Isto quere dicir que  152.845 solicitaron o correspondente  albarán de entrega de envases no punto de recollida, mentres que en 2017 fixéronno 136.807, o que se traduce nun 12% máis.

SIGFITO insiste na importancia de que o agricultor solicite este albarán, que serve de xustificante á hora de acreditar o rigoroso  cumprimento da normativa vixente. Cabe recordar que este SIX dispón, a nivel nacional, dunha rede conformada por preto de 5.000 puntos de recollida situados en cooperativas e distribuidores de produtos agrarios.

SOBRE SIGFITO

É unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxecto  xestionar de forma sostible os envases de fertilizantes, fitosanitarios e bioestimulantes identificados co seu símbolo, posibilitando que o agricultor poida cumprir coa normativa dunha forma respectuosa coa contorna e a saúde pública.

Fonte: SIGFITO

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Xuñ 2019

Galería