SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A reciclaxe dos envases agrarios no sistema SIGFITO increméntase un 6,8% en 2019

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Mentres que, en 2018, este SIX xestionou 4.150 toneladas, o pasado ano subiu ata as 4.431.
  • Estes datos evidencian o firme compromiso dos agricultores coa protección do medio ambiente.

Cerceda, a 20 de maio de 2020.- En 2019, SIGFITO, o sistema de recollida de envases de fertilizantes e fitosanitarios, xestionou un total de 4.431 toneladas de envases en preto de 5.000 puntos distribuídos polo conxunto da xeografía española, o que supón un incremento do 6,8% respecto do exercicio anterior (4.150 toneladas).

O 100% dos envases puxéronse en valor a través da súa reciclaxe (96,2%) fundamentalmente os de plástico ríxido e a recuperación enerxética da parte non reciclable (3,8%).

Estes datos evidencian o firme compromiso dos agricultores coa protección do medio ambiente. De feito, o número de agricultores que usan o sistema de SIGFITO, e que acreditan a correcta xestión dos envases agrarios, aumentou un 0,8% en relación ao ano 2018, subindo dos 152.901 a 154.090.

En Galicia, a reciclaxe dos envases agrarios no marco deste modelo ascendeu a 51.222 quilos. 

Fonte: SIGFITO

Imaxe: Pixabay

20 Mai 2020

Galería