Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A reciclaxe, a túa compañeira de viaxe

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O consumo responsable e a práctica dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), constitúen os dous primeiros mandamentos a ter en conta.
  • Manter as rúas limpas vaias onde vaias resulta primordial.
  • Vixía a túa pegada turística, que é o impacto que ten sobre a contorna a forma na que viaxas. Transporte público, bicicleta e camiñar representan as mellores opcións.
  • Ademais da túa mochila ou maleta, viaxa coa túa solidariedade, respecto e exemplaridade. A sostibilidade pregoase co exemplo.

Cerceda, a 2 de agosto de 2019.- Como vén sendo habitual durante as vacacións de verán, Sogama recorda unha serie de consellos necesarios para gozar das nosas viaxes estivais, pero dunha forma sostible e respectuosa co medio ambiente. Neste caso, baixo o título “A reciclaxe, a túa compañeira de viaxe”.

O consumo responsable e a práctica dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), constitúen os dous primeiros mandamentos a ter en conta, sen esquecer que, para facer a maleta, non é necesario comprar todos os anos cousas novas. Hai moitos artigos que se poden aproveitar de tempadas anteriores e ata actualizar.

Manter as rúas limpas vaias onde vaias resulta primordial. Paus dos xeados, chicles e envoltorios de chucharías non poden acabar no chan. Se non hai unha papeleira a man, gárdanse ata atopar o lugar axeitado no que depositalos.

Posiblemente o sistema de recollida selectiva non sexa o mesmo que o da túa localidade. Que isto non sirva de excusa para non colaborar. Segue seleccionando residuos e depositándoos no contedor correspondente para posibilitar o seu reciclado.

Vixía a túa pegada turística, que é o impacto que ten sobre a contorna a forma na que viaxas. Transporte público, bicicleta e camiñar representan as mellores opcións.

Aínda que non esteas na túa casa, utiliza con prudencia a auga e a enerxía. Os recursos naturais son escasos e limitados en todo o mundo.

Prudencia tamén co que comes e coas cantidades. Evita o desperdicio alimentario. Non pidas grandes racións. É preferible repetir e, se hai sobras e podes conservalas en bo estado, pídeas.

Coida o mar, as montañas, os ríos e, se podes participar en xornadas de limpeza de contornas naturais, nin o dubides. Aportarás o teu gran de area ao coidado do medio ambiente.

Ademais da túa mochila ou maleta, viaxa coa túa solidariedade, respecto e exemplaridade. A sostibilidade pregoase co exemplo.

Saúdos, Departamento de Comunicación

2 Ago 2019

Galería