SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Recircular lanza unha aplicación para medir o impacto da valorización de residuos nas empresas

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O cálculo dos indicadores de redución de emisións de CO2, do consumo de auga e enerxía, e o aumento de esperanza de vida, realízase de maneira automática a partir de datos básicos proporcionados polos interesados.

Cerceda, a 24 de novembro de 2021.-  Recircular, a start-up especializada na compra-venda de materias primas secundarias, lanza unha innovadora aplicación dixital para medir o impacto dos procesos de valorización de residuos nas empresas no eido dos beneficios ambientais e sociais.

O cálculo dos indicadores de redución de emisións de CO2 (pegada de carbono), a redución de consumo de auga (pegada hídrica) e enerxía, e o aumento de esperanza de vida, realízase de maneira automática a partir de datos básicos proporcionados polos interesados.

No sistema, os usuarios poden descargar informes co resultado dos indicadores para utilizalos nos seus reportes non financeiros, o cumprimento dos seus obxectivos ambientais e de economía circular e as súas políticas de responsabilidade social corporativa, entre outros.

Recircular pretende consolidar os procesos circulares que se están impulsando en diferentes sectores industriais e aumentar a súa proposta de valor para as empresas, dado o elevado interese apreciado no mercado pola devandita medición de impacto.

O funcionamento desta nova plataforma é moi sinxelo: as empresas rexístranse e indican o seu interese na ferramenta. Unha vez analizado o caso e autorizado o acceso, os cálculos realízanse de maneira automática a partir de 3 datos básicos achegados polos usuarios: categoría/subcategoría do recurso, cantidade e tratamento habitual.

RECOÑECEMENTOS

A proposta innovadora de recircular no ámbito da economía circular foi recoñecida por diferentes institucións, como a Deputación de Bizkaia, a través de distintas subvencións, e o Ministerio de Transición Ecolóxica, incluíndo a recircular na 1ª Guía de Boas Prácticas en Economía Circular. Tamén recibiu galardóns relevantes, o máis recente nos Premios Madrid Impacta 2021 que celebra cada ano o Concello.

Ademais do seu carácter innovador, recircular é valorada polo potencial de escalabilidade e impacto en empresas, cidades e comunidades, e a xeración de beneficios económicos, ambientais e sociais.

Fonte:  FuturEnviro

Imaxe:  Recircular

24 Nov 2021

Galería