SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A recollida de envases de vidro para reciclar alcanza na UE unha taxa récord do 78%

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Representa un crecemento de 2 puntos porcentuais en comparación con 2018.
  • Os países nórdicos lideran a clasificación, con taxas próximas ao 100%, mentres que España sitúase por riba da media europea, cun 80%.

Cerceda, a 3 de decembro de 2021.- Segundo datos publicados por Close the Glass  Loop, a recollida para a reciclaxe de envases de vidro da UE28 incrementouse ata a taxa media récord do 78% en 2019, representando un crecemento de 2 puntos porcentuais en comparación con 2018, o que demostra que a cadea de valor dos envases de vidro está a cumprir a súa ambición de economía circular.

O obxectivo de Close the Glass Loop (iniciativa que aglutina á cadea de valor europea de recollida e reciclaxe de vidro) é lograr a recollida de envases de vidro  posconsumo do 90% para 2030 e garantir que estes se reciclen no propio circuíto de produción de vidro para envases. A gran maioría dos 13,7 millóns de toneladas recollidas vólvense a fundir para fabricar novas botellas e tarros.

Noruega, Suecia e Finlandia, xunto con Bélxica e Suíza, lideran a clasificación de recollida para a reciclaxe con taxas próximas ao 100%. Pola súa banda, España sitúase por riba da media da UE, cunha taxa do 80%,

« A taxa récord de recollida de vidro para a súa reciclaxe, do 78%, demostra que os nosos ambiciosos obxectivos poden alcanzarse cunha estreita cooperación entre todos os axentes da cadea de valor, compartindo as mellores prácticas sobre modelos de recollida innovadores e adaptados, clasificación de alta calidade e campañas de comunicación para os consumidores», afirma  Joachim  Quoden, director xeral de  EXPRA (Estendede  Producer  Responsibility  Alliance).

«O vidro é un material permanente que pode reciclarse infinitamente en novos envases. Canto máis vidro se recolla de forma selectiva, mellor será a súa calidade para que se poida producir máis vidro reciclado e incorporalo á fabricación de novos envases de vidro», afirma Marine Ronquetti, secretaria xeral de  FERVER (Federación Europea de  Recicladores de Vidro).

Para a cadea de valor de recollida e reciclaxe de vidro, resulta prioritario que o 22% restante dos envases de vidro se volva poñer no circuíto.

SOBRE CLOSE THE GLASS LOOP

Close  the  Glass  Loop é unha iniciativa que reúne á cadea de valor europea de recollida e reciclaxe de vidro. Conta co respaldo de 11 plataformas nacionais para aumentar a cantidade e a calidade do vidro reciclado dispoñible, de modo que as persoas non só reciclen, senón que reciclen máis e mellor.

Fonte:  Close the  Glass  Loop

Imaxe:  Ecovidrio

3 Dec 2021

Galería