Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

A recollida selectiva de residuos chega ás cabinas dos avións

Print this pagePrint this page
  • Participan na iniciativa, enmarcada á súa vez no proxecto europeo LIFE Zero Cabin Waste, entidades como Iberia, Ecoembes, Ferrovial Servicios, Gate Gourmet e ESCI-UPF.
  • O sistema  comezou a implantarse o pasado mes de outubro en voos operados por Iberia a nivel nacional e xa se está levando a cabo nalgunhas rutas europeas como o caso de Londres, Roma, París, Xenebra, Zúrich, Viena, Dusseldorf e Oporto.
  • A compañía dispón nos seus avións de carros compartimentados para posibilitar a segregación de residuos, que entrega de forma diferenciada nas instalacións de Gate Gourmet no Aeroporto de Madrid a fin de que sexan xestionados por empresas autorizadas.
  • Con este novo sistema confíase en recuperar o 80% dos refugallos xerados a bordo e transformalos en recursos.

Cerceda, a 5 de decembro de 2018.- No marco do proxecto europeo LIFE Zero Cabin Waste, entidades tales como Iberia, Ecoembes, Ferrovial Servicios, Gate Gourmet e ESCI-UPF, apostaron de cheo por sumar esforzos para introducir a sostibilidade nos voos e implantar nos mesmos a recollida selectiva de residuos a fin de propiciar o seu posterior reciclado.

NOVA OPERATIVA PARA RECUPERAR O 80% DO LIXO

O sistema xa comezou a implantarse o pasado mes de outubro en voos operados por Iberia a nivel nacional. É o caso dos que conectan Madrid e Barcelona, incluíndo destinos tales como Bilbao e A Coruña. Así mesmo, estase levando a cabo nalgunhas rutas europeas como Londres, Roma, París, Xenebra, Zúrich, Viena, Dusseldorf e Oporto. A pretensión é ir estendendo a recollida selectiva a outros destinos ata lograr que a totalidade dos voos de Iberia se instaura a reciclaxe.

Con tal fin, a compañía dispón nos seus avións de carros compartimentados para posibilitar, por unha banda, a separación de envases plásticos, latas e briks e, por outro, os envases de papel e cartón. Desta forma, os residuos son recepcionados, xa clasificados, nas instalacións de Gate Gourmet no Aeroporto de Madrid Barallas-Adolfo Suárez, sendo entregados posteriormente a xestores autorizados para o seu reciclado e transformación en novas materias primas.

O novo modelo é obxecto de especial seguimento por parte de Ecoembes. Así, a Cátedra UNESCO de Ciclo de Vida e Cambio Climático de ESCI-UPF avalía a súa efectividade á hora de reducir o impacto ambiental, e, a través da metodoloxía da Análise de Ciclo de Vida, cuantifícase a mellorra en canto a pegada de carbono.

Ferrovial Servizos atópase traballando nun tratamento alternativo para os residuos orgánicos producidos nos voos non comunitarios, xa que a próxima fase do proxecto será implantar tamén a segregación en voos de longo percorrido.

Con este novo sistema confíase en recuperar o 80% dos refugallos xerados a bordo dos voos e transformalos en recursos, ben a través do reciclado, cando isto sexa posible, a compostaxe da materia orgánica ou ben a valorización enerxética da fracción non reciclable.

CARA A UN MODELO UNIVERSAL

A gran proxección desta iniciativa propiciará que sexa replicada por outras aerolíneas europeas. De feito, e segundo a Asociación Internacional de Transporte Aéreo, nas cabinas dos avións xéranse anualmente ao redor de 5,7 millóns de toneladas de lixo. Lograr un modelo universal permitiría gañar en eficiencia.

Fonte e imaxe: Iberia

Saúdos, Departamento de Comunicación

5 Dec 2018

Galería