SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Recuperar metais resulta esencial para transitar cara a unha economía circular

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A súa recuperación é infinita, xa que non perden cualidades físicas e químicas ao reciclarse ou cando se realiza o proceso de reutilización.
  • O aluminio é un dos metais máis fáciles de reciclar e reutilizar, tendo uns niveis moi altos de reciclaxe na UE.

Cerceda, a 13 de setembro de 2021.- No camiño emprendido cara á economía circular, os metais desempeñan un papel moi importante ao ser compostos que se poden recuperar e reutilizar nunha gran porcentaxe.

Trátase de elementos caracterizados por ser bos condutores de electricidade ou calor e, polo xeral, son resistentes á temperatura ambiente, utilizándose para a fabricación de numerosos obxectos.

Entre os metais máis comúns destácase o aluminio (que é utilizado como latas na bebida ou para alimentos) e o aceiro (que está presente principalmente nos electrodomésticos, cravos, automóbiles antigos e tamén en latas ou mesmo en chatarra industrial). Así mesmo, hai outros metais máis densos e complexos para o proceso de transformación como é o cobre, bronce, chumbo e ouro, entre outros.

Os metais resultan claves na economía circular, en especial na Unión Europea, pois a súa recuperación é infinita (en case todos os compostos) e supón un beneficio ao reducirse a demanda internacional deste elemento. 

Reciclar metais supón unha actividade “sinxela” con grandes beneficios para o medio ambiente e a economía, representando tamén un aforro de enerxía e auga. A súa principal característica é que non perden as súas cualidades físicas e químicas ao reciclarse ou cando se realiza o proceso de reutilización en reiteradas ocasións. O aluminio (que é un dos metais máis fáciles de reciclar e reutilizar, grazas á súa composición e capacidade de manobrar), ten uns niveis moi altos de reciclaxe na UE.

Dentro das principais vantaxes que ten reciclar e reutilizar metais, cabería aludir á mellora das condiciones e calidade do aire, mellor uso da auga, reutilización como elementos ou produtos substitutos, redúcese a cantidade de chatarra que acaba en vertedoiros e diminúense as emisións de gases de efecto invernadoiro.

O Grupo SPR conta cunha ampla experiencia en procesos con diferentes materiais e é un referente na área de recuperación e reciclaxe de metais.

A compañía traballa principalmente en integrar solucións para a valorización deste elemento e está especializada en metais férricos, non férricos (cobre, chumbo, níquel), aluminio, vehículos fóra de uso, etc, coa particularidade de que deseñou procesos propios para a recuperación e valorización de metais ferrosos, ferro e as súas aliñacións.

Fonte:  Retema

Imaxe:  Pexels

13 Set 2021

Galería