SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Recyclia presenta o II Informe Anual: Tendencias na industria da reciclaxe de RAEE e pilas en España

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Farao nun acto previsto para o vindeiro luns, 29 de novembro, que terá lugar de forma presencial ata completar aforo, podendo verse tamén en streaming.
  • O estudo busca contribuír ao coñecemento e a poñer en valor a actividade de xestión e reciclaxe, clave para a consecución de moitos dos retos aos que se enfronta a economía española.
  • Este ano, o documento contempla unha inmersión en sectores tan relevantes como o dos paneis fotovoltaicos e o da mobilidade eléctrica.

Cerceda, a 25 de novembro de 2021.-  Recyclia presentará o vindeiro luns, 29 de novembro, o II Informe Anual “Tendencias na industria da reciclaxe de RAEE e pilas en España”, elaborado para a entidade pola prestixiosa empresa consultora AFI, e farao nun acto que terá lugar de forma presencial ata completar aforo, podendo verse tamén en streaming.

O estudo busca alimentar o coñecemento e poñer en valor a actividade de xestión e reciclaxe, clave para a consecución de moitos dos retos aos que se enfronta a economía española. Os esforzos deben permitir á industria da reciclaxe exhibir a súa capacidade de contribución á consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e ao avance da Economía Circular, xerando emprego verde, promovendo a innovación e reforzando a competitividade industrial cunha visión de longo prazo.

Este ano o documento contempla unha inmersión en sectores tan relevantes como o dos paneis fotovoltaicos e o da mobilidade eléctrica.

SOBRE RECYCLIA

Constituída en 2012, Recyclia é a maior entidade administradora de “residuos eléctricos e electrónicos (RAEE), pilas e luminarias” usadas do país. Esta organización aglutina a experiencia e o coñecemento das catro Fundacións Ambientais, isto é, Ecopilas, Ecofimática, Ecoasimelec e Ecolum que, como  SCRAPS, foron as encargadas de ofrecer ás empresas produtoras e aos consumidores a cobertura necesaria para a correcta recollida e reciclado destes residuos ao final da súa vida útil.

 Os aparatos eléctricos e electrónicos, as baterías e luminarias fannos a vida máis fácil e o tempo de lecer máis agradable, pero debemos asegurar a xestión sostible dos mesmos para reducir a contaminación e incrementar a reutilización dos materiais que os compoñen.  RECYCLIA móstranos a necesidade de colaborar activamente en todo o proceso de loxística inversa a partir do depósito dos residuos electrónicos, pilas e luminarias nos contedores distribuídos por toda España.

A organización conta con 1.684 empresas adheridas e un despregamento de 91.780 puntos de recollida, situados en Puntos Limpos, tendas e establecementos comerciais de todo tipo e puntos asociados a operativas específicas de sectores profesionais e industriais.

Fonte e imaxe:  Recyclia

25 Nov 2021

Galería