SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Recyclia recolle máis de 300.000 quilos de cartuchos de impresión no último ano

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Isto foi posible grazas á pioneira iniciativa Tragatóner/Tragatinta, a primeira en España para garantir a recollida selectiva e posterior reciclaxe destes materiais.
  • Con tal fin, a organización habilitou unha rede conformada por 22.500 contedores, que este mesmo ano prevé ampliar para chegar aos 40.000.
  • O usuario doméstico dispón dun buscador web para localizar os contedores instalados en lugares públicos máis próximos á súa ubicación, denominados ECOpuntos.
  • No último ano, Recyclia tamén intensificou a súa colaboración con dúas plantas de tratamento do noso país a fin de incrementar a porcentaxe de materiais recuperados para a fabricación de novos produtos. 

Cerceda, a 14 de xaneiro de 2020.- A través da súa iniciativa Tragatóner/Tragatinta, a primeira posta en marcha en España para garantir a recollida segregada e posterior reciclaxe dos cartuchos de tóner e tinta conforme á normativa que entrou en vigor o 15 de agosto de 2018, Recyclia recolleu no último ano máis de 300.000 quilos de cartuchos de impresión. Isto foi posible grazas a unha rede conformada por 22.500 contedores, repartidos entre 6.200 empresas, organismos, distribuidores de equipamento ofimático e de impresión, así como de entidades locais, e que este mesmo ano prevé ampliar para chegar aos 40.000.

Este programa conta co apoio dos 15 fabricantes de equipos de impresión máis importantes do mercado español e que comercializan o 70% dos consumibles de impresión postos no mercado anualmente.

Pola súa banda, o usuario doméstico dispón dun buscador web para localizar os contedores instalados en lugares públicos máis próximos a súa ubicación, denominados ECOpuntos. Tamén este ano Recyclia prevé ampliar esta rede de ECOpuntos e lanzar unha aplicación móbil para a súa localización, así como a certificación da trazabilidade dos residuos, desde a recollida ata o tratamento en planta.

MÁIS INVESTIGACIÓN

Así mesmo, esta organización tamén intensificou a súa colaboración con dúas plantas de tratamento do noso país a fin de incrementar a porcentaxe de materiais recuperados para a fabricación de novos produtos.

Actualmente, as técnicas de reciclaxe dispoñibles permiten recuperar de cada cartucho de tóner un 44% de plástico, un 39% de ferro, un 13% de pó de tóner e un 4% de aluminio.

Recyclia colabora con centros de investigación en diferentes proxectos de I+D a fin de atopar opcións para a reutilización do pó de tinta e de tóner. Concretamente, está avaliando o uso do primeiro como tinte para pinturas e, o segundo, como compoñente do alquitrán para asfaltado de estradas, ou ben para a súa gasificación. Un quilo deste pó pode producir suficiente enerxía para manter acendida unha lámpada LED ao redor de 300 horas.

Fonte: Recyclia

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Xan 2020

Galería