Imagen_Sogama_Home
Vimeo

Idiomas

A redución das emisións avala a España no seu papel no Cumio do Clima de Bonn

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O Goberno destinou en 2016 un total de 595 millóns de euros a financiamento climático e xa está en fase de elaboración o anteproxecto da Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética.
  • Un dos resultados esperados é pechar o deseño e modalidades do Diálogo Facilitador (Diálogo de Talanoa) de 2018, que a Unión Europea considera esencial para lograr unha posta en común de todos os países sobre  os esforzos colectivos en materia de mitigación.
  • Con este cumio preténdese dar unha resposta efectiva ao Acordo de París, esperando avanzar no programa de traballo que permita proceder á aplicación do mesmo e que, en todo caso, terase que adoptar o próximo  ano, na COP 24 de Katowice (Polonia).

Cerceda, a 14   de novembro de 2017.-  España, representada pola Ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA), participará no Cumio do Clima de Bonn e farao avalada por unha redución dos gases de efecto invernadoiro cifrada o pasado ano nun 3,5% respecto ao 2015.

Neste sentido, cabe recordar que o Goberno de España destinou 595 millóns de euros en 2016 a financiamento climático e que o anteproxecto de Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética atópase en proceso de elaboración tras pecharse o período de consulta pública, téndose recibido durante o mesmo máis de 300 achegas de todos os sectores sociais: desde particulares ata empresas, sindicatos, asociacións empresariais, administracións públicas, organizacións non gobernamentais, agrupacións da sociedade e representantes da academia.

O ACORDO DE PARÍS, MARCO DE REFERENCIA

A COP 23 arrancou o pasado 6 de novembro co principal obxectivo de incrementar a ambición conxunta dos países para facer fronte ao cambio climático e dar unha resposta efectiva ao Acordo de París, esperando avanzar no programa de traballo que permita proceder á aplicación do mesmo e que, en todo caso, terase que adoptar o próximo ano, na COP 24 de Katowice (Polonia).

No marco desta conferencia, que se estenderá ata o próximo día 17, e que aglutina a representantes de 200 Estados, preténdese aumentar a acción climática conforme ao marco establecido polo Acordo de París e fomentar novas iniciativas, ademais de ampliar as existentes, para lograr unha mellor coordinación dos esforzos investidos.

De feito, un dos resultados esperados é pechar o deseño e modalidades do Diálogo Facilitador (Diálogo de Talanoa) de 2018, que a Unión Europea considera esencial para lograr unha posta en común de todos os países sobre os esforzos colectivos en materia de mitigación e a brecha aos 2ºC antes do primeiro ciclo de ambición previsto para 2023. O Acordo de París pretende precisamente limitar o aumento da temperatura media do planeta a menos de 2ºC, procurando que non aumente máis de 1,5ºC por riba dos niveis preindustriais.

Tamén se agarda chegar a puntos de encontro sobre Fiyi (caber recordar que a COP 23 está presidida polo Primeiro Ministro de Fiyi, Frank Bainimarana) sobre a vulnerabilidade dos estados e poboacións que reciben os impactos do cambio climático, como é o caso dun Plan de Acción de Xénero, a posta en marcha da Plataforma creada en París para as comunidades indíxenas e incluír o vínculo entre a saúde dos océanos e o cambio climático, recordando ao respecto que o MAPAMA traballa para logar que en 2020 a superficie mariña protexida de España alcance o 10%, aumentando dous puntos respecto ao 8% actual.

Máis dun centenar de eventos están contemplados neste Cumio, prevendo a activa participación da delegación española nas sesións de negociación e en encontros xa tradicionais tales como o xantar ministerial da Rede Iberoamericana de Oficinas de Cambio Climático ou a Iniciativa 4 por 1000, apoiada por España desde a COP 21 de París.

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Nov 2017

Galería