Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

#RespiraLaVida, nova campaña de ONU Medio Ambiente para loitar contra a contaminación do aire

Print this pagePrint this page
  • Na mesma colabora a Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Coalición Clima e Aire Limpo (CCAC), sendo o seu obxectivo reducir os altos niveis de contaminación do aire.
  • Con tal fin, invítase aos habitantes de todo o mundo a que, durante o presente mes, percorran 42 quilómetros da forma máis respectuosa co medio ambiente (camiñando, en bicicleta ou ben utilizando o transporte público).
  • Segundo a OMS, 9 de cada 10 persoas respiran aire que contén altos niveis contaminantes, o que se traduce en ao redor de 7 millóns de mortes cada ano.
  • O desafío desta iniciativa é precisamente que os cidadáns sumen en maio o percorrido de 7 millóns de quilómetros dunha forma limpa.

Cerceda, a 14 de maio de 2018.- O pasado día 2, ONU Medio Ambiente, en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Coalición Clima e Aire Limpo (CCAC), lanzou a campaña #RespiraLaVida, invitando aos habitantes de todo o mundo a que, durante o presente mes de maio, percorran 42 quilómetros, ben camiñando, ben en bicicleta ou ben utilizando o transporte público, a fin de contribuír a reducir a contaminación do aire, un factor que incide de forma moi negativa na saúde da poboación.

A iniciativa nace no marco do novo informe da Organización Mundial da Saúde (OMS), onde se alerta sobre a persistencia da contaminación do aire en todo o planeta. Os resultados xa están cifrados: 9 de cada 10 persoas respiran aire que contén altos niveis contaminantes, o que se traduce en ao redor de 7 millóns de mortes cada ano. Tomando como referencia este dato, o obxectivo último do desafío #RespiraLaVida é precisamente que os cidadáns percorran con medios de transporte limpos e respectuosos co medio ambiente 7 millóns de quilómetros durante o presente mes.

A OMS asegura que a contaminación atmosférica ambiental ocasionou en torno a 4,2 millóns de mortes no ano 2016, constituíndo un factor crítico de risco para as enfermidades non transmisibles (ENT). De feito, atribúenselle un terzo (24%) das mortes de adultos por enfermidade cardíaca, 25% das mortes por apoplexía, 43% por enfermidade pulmonar obstrutiva crónica e 29% dos falecementos por cancro de pulmón.

Neste sentido, o Director Executivo de ONU Medio Ambiente, Erik Solheim, manifestou que os últimos achados  evidencian que o aire contaminado segue sendo a principal ameaza ambiental para a saúde humana. 

Cidades de todo o mundo sumáronse a esta iniciativa, na que tamén participan entidades do sector privado tales como a aplicación Pacer e a empresa de bicicletas compartidas Mobike.

As ferramentas da campaña atópanse a disposición dos interesados no seu sitio web http://breathelife2030.org/challenge/, a través do cal preséntanse diversas opcións para participar na mesma.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Foto: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Mai 2018

Galería