Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

A restauración de terras áridas, unha oportunidad para combater o cambio climático e a pobreza

Print this pagePrint this page
  • Un informe lanzando por ONU Medio Ambiente advirte que cada ano perdemos servizos ecosistémicos valorados en máis de 6 billóns de dólares por mor da erosión e outras formas de degradación.
  • Preto de medio centenar de países, entre eles India, Kenia, Etiopía, México e Perú, comprometéronse a restaurar máis de 160 millóns de hectáreas (o tamaño do subcontinente indio) a través dunha iniciativa referente a nivel mundial: o Desafío de Bonn.
  • A fin de incrementar a oportunidade que ofrece o Desafío de Bonn e co obxectivo de que se restauren máis de 2.000 millóns de hectáreas de terras degradadas, o Goberno de O Salvador propuxo declarar os próximos 10 anos como o Decenio para a Restauración de Ecosistemas.

Cerceda, a 13 de setembro de 2018.- A través do informe “Restauración de bosques e paisaxes, a clave para un futuro sostible”, lanzado en Nairobi o pasado 28 de agosto, ONU Medio Ambiente describe as oportunidades e bondades inherentes á restauración de terras áridas para facer fronte a graves problemas tales como o fame, a migración, os incendios forestais, a inseguridade alimentaria ou o conflito polos recursos naturais.

Advírtese que, por mor da erosión e outras formas de degradación, cada ano perdemos servizos ecosistémicos, incluíndo a produción de alimentos, valorados en máis de 6 billóns de dólares, de aí a importancia de acometer investimentos en restauración e mellorar o coñecemento de como funcionan os sistemas naturais a fin de abrir a porta a un cambio positivo.

DESAFÍO DE BONN, A ESPERANZA

Preto de medio centenar de países, entre eles India, Kenia, Etiopía, México e Perú, comprometéronse a restaurar máis de 160 millóns de hectáreas (o tamaño do subcontinente indio) a través da iniciativa de restauración de maior calado a nivel mundial: o Desafío de Bonn.

Erik Solheim, Director Executivo de ONU Medio Ambiente, manifestou ao respecto que todas as organizacións aliadas que operan neste campo aluden á necesidade de intensificar o traballo. “350 millóns de hectáreas de terras degradadas teñen potencial de restauración para 2030, o que representa un gran impulso na loita contra o cambio climático, a perda de biodiversidade e a pobreza”, argumentou.

A fin de incrementar a oportunidade que ofrece o Desafío de Bonn e co obxectivo de que se restauren máis de 2.000 millóns de hectáreas de terras degradadas en todo o mundo, o Goberno de O Salvador propuxo declarar os próximos 10 anos como o Decenio para a Restauración de Ecosistemas.

Tras ensaiar o modelo en máis de 50 países, Solheim considera que chegou o momento de expandilo, contribuíndo así a limitar o cambio climático, mellorar a seguridade alimentaria e hídrica, e crear emprego verde.

Pola súa banda, o presidente da Alianza Mundial para a Restauración da Paisaxe Forestal, Tim Christophersem, plataforma que aglutina a 29 organizacións internacionais e gobernos que emitiron o informe, asegurou que “están listos para traballar con todas as partes interesadas”.

O Foro Mundial da Paisaxe, celebrado nas Oficinas das Nacións Unidas (Nairobi) os pasados días 29 e 30 de agosto, acolleu o debate sobre as oportunidades que traería consigo un posible Decenio das Nacións Unidas para a Restauración dos Ecosistemas.

Fonte: ONU Medio Ambiente

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Set 2018

Galería