Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Restaurantes e hoteis costeiros de Xordania alíanse para facer fronte ao desperdicio alimentario

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • A cidade de Áqaba xa está empezando a aplicar criterios de economía circular a través da posta en marcha dun proxecto no que se integraron 15 hoteis e 17 restaurantes para auditar os residuos producidos nos mesmos e avaliar a forma de reducir o seu impacto.
  • Capacitouse ao persoal do sector en xestión  sostible de refugallos e deseñáronse plans para que as entidades participantes diminuísen nun 25% a cantidade de lixo depositado en vertedoiro .
  • Así mesmo, estase avaliando a posibilidade de utilizar incentivos fiscais e  reducir as tarifas a aqueles  hoteis que mellor xestionen os seus residuos.
  • De forma paralela, o proxecto  tamén se impregnou dunha dimensión social ao proporcionar, a través da reutilización e a reciclaxe, medios de vida ás mulleres en risco  de exclusión, formándoas no proceso de transformación dos refugallos en produtos  de valor.

Cerceda, a 15 de  abril de 2019.- A produción de residuos en Xordania  seguiu unha liña ascendente nos últimos anos, chegando ás case 3 millóns de toneladas en 2017.

O desperdicio alimentario constitúe tamén unha preocupación neste país e a cidade costeira de Áqaba, moi coñecida polas súas augas cristalinas e os seus arrecifes de coral, xa está empezando a aplicar a economía circular para diminuír a xeración de lixo e transformar os residuos en recursos. Para iso cóntase coa implicación do sector hostaleiro.

Así, a Asociación de Enerxía, Auga e Medio Ambiente de Xordania, co apoio da Unión Europea e ONU Medio Ambiente, a través do Programa SWITCH Med, levou  a cabo un proxecto no que se integraron 15 hoteis e 17 restaurantes para auditar os residuos producidos nos mesmos e avaliar a forma de reducir o seu impacto.

A través desta iniciativa capacitouse ao persoal do sector en xestión  sostible de residuos e deseñáronse plans para que as entidades participantes diminuísen nun 25% a cantidade de lixo depositado en vertedoiro.

O plan de acción contemplou medidas sinxelas tales como a revisión dos menús, a mellor xestión dos alimentos (consumir os máis antigos antes de que se perdan e usar pratos de menor tamaño nos bufés) e a reciclaxe de plásticos e metais.

Actualmente, a cidade está avaliando a posibilidade de utilizar incentivos fiscais para lograr unha maior implicación do sector turístico. Os hoteis pagan un imposto fixo pola recollida de lixo en función do espazo ocupado. Non obstante, a Autoridade da Zona Económica Especial de Áqaba móstrase disposta a reducir as tarifas para os hoteis que mellor xestionen os seus residuos.

ENFOQUE SOCIAL

De forma paralela, o proxecto  tamén se impregnou dunha dimensión social ao proporcionar, a través da reutilización e a reciclaxe, medios de vida ás mulleres en risco  de exclusión, capacitándoas na suprarreciclaxe, é dicir, no proceso de transformación dos refugallos en produtos  de valor. Algunhas xa aprenderon a fabricar candelabros a partir de latas defectuosas, traballo que lles permite obter ingresos e diminuír os residuos vertidos. Outras traballan na reciclaxe de papel e tecidos e, nalgúns  casos, xa alugaron  locais para fabricar produtos a partir de materiais de residuos e vendelos.

Fonte e imaxe: ONU Medio Ambiente

Saúdos, Departamento de Comunicación

15 Abr 2019

Galería