SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A reutilización de residuos por parte de AERESS evitou a emisión de 106.435 toneladas de CO2

Print this pagePrint this page
  • A organización xestionou 95.316 toneladas de residuos, das cales o 85,14% foron valorizadas a través da reutilización e a reciclaxe.
  • Os voluminosos foron os refugallos xestionados en maior  medida, con máis de 33.000 toneladas, así como o téxtil, con máis de 26.000 toneladas, dispoñendo a rede de 5.147 puntos de recollida de roupa usada por todo o territorio español.
  • A nivel social, AERESS  atendeu a 13.960 persoas e o 44% dos postos de traballo actuais correspóndense con empregos  de inserción de colectivos en risco  de exclusión.

Cerceda, a 11 de xullo de 2019.- Un ano máis AERESS (Asociación Española de Recuperadores de Economía Social e Solidaria) dá a coñecer  os datos ambientais e sociais máis representativos, neste caso do ano 2018, período no que seguiu traballando pola economía circular e a inserción sociolaboral de persoas en risco  ou en situación de exclusión social.

A organización xestionou 95.316 toneladas de residuos, das cales o 85,14% foron valorizadas a través da reutilización e a reciclaxe, ascendendo a 2.194 os empregos xerados o pasado exercicio.

Os voluminosos foron os refugallos xestionados en maior  proporción, con máis de 33.000 toneladas, así como o téxtil, con máis de 26.000 toneladas, alcanzando unha taxa de reutilización do 50%.

A rede dispón de 5.147 puntos de recollida de roupa usada repartidos por todo o territorio a fin de que os cidadáns poidan depositar a prendas nos mesmos e alongar a súa vida útil.

As prendas que reúnen os requisitos para ser reutilizadas, prepáranse e dóanse a familias sen recursos ou ben póñense de novo á venda nas máis de 110 tendas solidarias que a rede posúe.

AFORRO DE EMISIÓNS

A reutilización de residuos permitiu á rede evitar a emisión de 106.435 toneladas de CO2 á atmosfera, o que equivale a máis de 5 billóns de árbores absorbendo CO2 nun día e o equivalente a máis de 18 millóns de coches eliminados da circulación durante un día.

IMPORTANTE PAPEL SOCIAL

A nivel social, AERESS  atendeu a 13.960 persoas e o 44% dos postos de traballo actuais correspóndense con empregos  de inserción de colectivos en risco  de exclusión tales como inmigrantes, parados de longa duración ou persoas sen fogar, entre outros.

Fonte e imaxe: AERESS

Saúdos, Departamento de Comunicación

11 Xul 2019

Galería