SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sarria acolle en setembro a 48 edición dos Cursos de Saúde Ambiental a fin de analizar as potencialidades da comarca desde todas as dimensións da sostibilidade

Print this pagePrint this page

O evento, que se desenvolverá na Casa da Cultura entre os días 19 e 21, enmárcase no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles, en vigor desde hai máis dunha década.

O acto inaugural correrá a cargo do alcalde de Sarria, que estará acompañado, entre outros, polo Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia e o presidente de Sogama.

Con 30 horas lectivas, o curso distribúese en catro mesas redondas nas que expertos na área medioambiental analizarán distintos aspectos vinculados á xestión dos recursos naturais, a auga, os residuos e a enerxía, así como a contribución das empresas e entidades ao desenvolvemento racional e duradeiro.

Cerceda, a 30 de agosto de 2011.- A Casa da Cultura da localidade lucense de Sarria acollerá, do 19 ao 22 de setembro, a 48 edición dos cursos de saúde ambiental, que se enmarca no Programa Galego de Municipios Saudables e Sostibles dirixido polo profesor Francisco Peña Castiñeira desde hai máis dunha década, contando este ano co mecenazgo de entidades tales como a Xunta de Galicia, Novacaixagalicia, a Fegamp, Aquagest, Iberdrola e a Sociedade Galega do Medio Ambiente.

Tras un periplo itinerante polo territorio galego no que participaron 248 concellos, expertos na materia analizarán nesta ocasión a situación ambiental da comarca sarriana e a súa proxección desde todos os ámbitos da sostibilidade. Así, no transcurso de catro mesas redondas abordaranse aspectos vinculados á xestión dos recursos naturais, a auga, os residuos e a enerxía, así como a contribución empresarial ao desenvolvemento racional e duradeiro.

O acto inaugural, que terá lugar o día 19, correrá a cargo do alcalde de Sarria, José Antonio García López, quen estará acompañado, entre outros, pola concelleira de Medio Ambiente, Noelia Díaz Bruna, o Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, Justo de Benito, e o presidente de Sogama, Luís Lamas.

A parte teórica complementarase cunha serie de visitas prácticas á ETAP e EDAR municipais, a factoría Fontecelta, Cementos Cosmos, o punto limpo e a planta de transferencia de Sarria, onde se trasvasan os residuos urbanos do concello e localidades próximas a colectores de gran capacidade que logo son transportados, nas mellares condicións, ata as instalacións centrais de Sogama en Cerceda, onde reciben o tratamento axeitado conforme ás súas características.

Ademais de Sarria, concello anfitrión, o evento contará coa participación de municipios limítrofes tales como O Incio, Láncara, Paradela, O Páramo, Samos, Triacastela, Lugo, Monforte de Lemos e Portomarín. Prevese un aforo de máis de medio centenar de persoas pertencentes a distintos ámbitos, desde técnicos e responsables políticos na área medioambiental, ata profesores e estudantes de diversos niveis educativos, empresas e profesionais do sector.

Con 30 horas lectivas, os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela serán gratificados con 1 crédito de libre configuración.

Para máis información, medioambiente@sarria.es e omix@sarria.es.

Saúdos, Departamento de Comunicación

30 Ago 2011

Galería