Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Segundo o novo Eurobarómetro, combater o cambio climático debe ser a principal prioridade para o PE

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Outras son a contaminación atmosférica (35%), a contaminación mariña (31%), a deforestación e o aumento da produción residuos (ambos con 28%).
  • No caso de España, a preocupación polo cambio climático sitúase en terceira posición (36%), por detrás da loita contra a exclusión social e a pobreza (39% dos enquisados) e a necesidade de promover o emprego (38%).
  • Seis de cada dez europeos consideran que as manifestacións dos mozos/as a favor do clima teñen un impacto directo sobre a política europea, así como na propia de cada un dos Estados membros.

Cerceda, a 2 de decembro de 2019.- Loitar contra o cambio climático e protexer a contorna, os océanos e a biodiversidade debe ser a principal prioridade para o Parlamento Europeo. Así se evidencia a través dos resultados do novo Eurobarómetro, a tenor da enquisa realizada o pasado mes de outubro.

Tomando como referencia os  distintos asuntos medioambientais, o cambio climático é o que cobra máis peso (52%), seguido pola contaminación atmosférica (35%), a contaminación mariña (31%), a deforestación e o aumento da produción residuos (ambos con 28%).

No caso de España, a preocupación polo cambio climático sitúase en terceira posición (36%), por detrás da loita contra a exclusión social e a pobreza (39% dos enquisados), o desemprego xuvenil e a promoción do emprego (38%).

No resto de Europa, unha media do 32% posiciona a loita contra o cambio climático como a principal preocupación, coas cifras máis altas en Suecia (62%), Dinamarca (50%) e Holanda (46%).

O presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, indicou que esta enquisa “demostra moi claramente que os europeos queren que a UE actúe na loita contra o cambio climático. Xusto a semana pasada, o Parlamento Europeo aprobou unha resolución que declara unha urxencia medioambiental e climática en Europa e a nivel global. Estamos escoitando aos nosos cidadáns e destacando a necesidade de moverse das palabras aos feitos”.

Así mesmo, ponse de relevo o impacto que, ao longo deste ano, tiveron as protestas xuvenís a favor do clima, mobilizando a millóns de persoas na UE e en todo o mundo. O novo  Eurobarómetro mostra que seis de cada dez europeos consideran que estas manifestacións teñen un impacto directo sobre a política europea, así como en cada un dos Estados membros.

Os irlandeses (74%), suecos (71%) e chipriotas (70%) son os máis convencidos de que estas protestas dan paso a medidas políticas a nivel europeo, mentres que os que menos confían nesta posibilidade son os checos (42%) e os británicos (47%).

MARCO DE REFERENCIA

Desde 1973, o Eurobarómetro  mide as percepcións dos cidadáns europeos e as súas expectativas sobre a UE. A empresa de investigación Kantar recompilou os datos para esta enquisa, cuxo traballo de campo se desenvolveu entre o 8 e o 22 de outubro de 2019 nos 28 Estados membros. A mostra consta de 27.607 enquisados de máis de 15 anos que foron entrevistados cara a cara para este informe. Os datos e o informe completo publicaranse o 10 de decembro de 2019.

Fonte: Parlamento Europeo

Imaxe: Pixabay

Saúdos, Departamento de Comunicación

2 Dec 2019

Galería