Imagen_Sogama_Home
Vimeo
Linkedin

Idiomas

SEPAR e SIGRE promoven a reciclaxe de inhaladores a través da campaña “Dalle un Respiro ao Planeta”

Print this pagePrint this page
  • Con esta iniciativa preténdese concienciar á poboación sobre a necesidade de colaborar no axeitado tratamento ambiental destes dispositivos.
  • Búscase tamén a complicidade dos profesionais da saúde respiratoria para que, do mesmo xeito que explican aos pacientes o uso do inhalador, os asesoren sobre como desfacerse deles unha vez esgotada a súa vida útil, debendo ser depositados nos puntos SIGRE habilitados nas farmacias.
  • E como exemplo do masivo consumo deste tipo de artiluxios, alúdese ao inhalador broncodilatador máis utilizado en España, do que se venderon en 2016 ao redor de 7,2 millóns de unidades, resultando ser o sétimo medicamento máis consumido no noso país.

Cerceda, a 14 de marzo de 2018.-  “Dálle un respiro ao planeta”. Así se denomina a nova campaña de concienciación social impulsada conxuntamente por SEPAR (Sociedade Española de Neuroloxía e Cirurxía Torácica) e SIGRE Medicamento e Medio Ambiente para promover a reciclaxe de inhaladores.

Con esta iniciativa preténdese sensibilizar aos pacientes e os seus familiares sobre a necesidade de colaborar no axeitado tratamento ambiental destes dispositivos, á vez que se busca a complicidade dos profesionais da saúde respiratoria para que, ademais de ensinar aos pacientes o correcto uso do inhalador, se lles explique tamén que, unha vez esgotada a súa vía útil, debe ser depositado nos puntos SIGRE habilitados nas farmacias a fin de que os seus compoñentes reciban unha xestión sostible.

Neste sentido, é preciso recordar que o inhalador está conformado por distintos elementos (aluminio, plástico e cartón) que poden ser reciclados e transformados en novos produtos, evitando así o seu impacto sobre o medio ambiente se acaban arroxados á contorna sen control. Pola súa banda, o gas e resto de medicamento son eliminados correctamente.

Neste escenario, resulta evidente que o reciclado de inhaladores contribúe ao coidado da saúde, a preservar o medio ambiente, a reducir o consumo de enerxía e de materias primas, e a loitar contra o cambio climático.

Cabe recordar que o uso de inhaladores é moi común para tratar as enfermidades respiratorias, que afectan a un bo número de españois. É o caso da asma, que sofren 3,1 millóns de cidadáns, e a EPOC, que padecen 2,9 millóns. Estas cifras permiten facerse unha idea da cantidade de inhaladores que se usan no noso país ao longo dun ano. E como exemplo, o inhalador broncodilatador máis utilizado en España, do que se venderon en 2016 ao redor de 7,2 millóns de unidades, resultando ser o sétimo medicamento máis consumido.

https://www.youtube.com/watch?v=5hoq7BCSdCs

QUE DEPOSITAR NO PUNTO SIGRE

É preciso ter presente que, no punto SIGRE habilitado nas farmacias, pódense depositar os seguintes materiais:

  • Todos os restos de medicamentos caducados ou non utilizados e os seus envases.
  • Os envases que estiveron en contacto co medicamento (frascos, blíster, tubos, aerosois, ampollas, etc.) aínda que estean baleiros.
  • As caixas de cartón e envases de medicamentos de todo tipo, teñan restos do medicamento ou estean baleiros, non deben tirarse ao contedor azul do papel, nin ao amarelo dos envases, nin ao contedor verde de vidro.

Nunca se deben introducir no punto SIGRE agullas, termómetros, gasas, produtos químicos, radiografías e pilas.

Neste sentido, SIGRE recomenda revisar periodicamente o botiquín doméstico para non acumular medicamentos.

Saúdos, Departamento de Comunicación

14 Mar 2018

Galería