SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

SIGFITO promove un webinar sobre o papel da agricultura e o medio ambiente na reactivación económica

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • Terá lugar mañá, 30 de xuño, de 12:00 a 13:30 horas, e está dirixido a profesionais do sector, así como a técnicos de medio ambiente e xornalistas.
  • No mesmo analizarase como a agricultura e a súa interacción co medio ambiente e a bioeconomía circular poderían ser claves para a rexeneración económica.

Cerceda, a 29 de xuño de 2020.- A agricultura desempeñou un papel fundamental no marco crise sanitaria provocada polo COVID-19. Durante o estado de alarma, e mentres a poboación se atopaba confinada para limitar a expansión do virus, o campo non deixou de traballar nin un só momento co fin último de seguir alimentando aos cidadáns. Un labor esencial ao que se sumaron múltiples iniciativas solidarias promovidas por agricultores e empresas do ámbito agrícola.

Tomando como referencia este escenario, mañá, 30 de xuño, entre as 12:00 e as 13:30 horas, SIGFITO desenvolverá un webinar dirixido a profesionais do sector, así como a técnicos de medio ambiente e xornalistas. No mesmo analizarase como a agricultura e a súa interacción co medio ambiente e a bioeconomía circular poderían ser claves para a rexeneración económica. Voces expertas avanzan a importancia de que a volta á normalidade se faga desde un punto de vista medioambiental, apostando pola innovación para logralo.

A pandemia puxo de manifesto a necesidade de que España e Europa defendan a agricultura e a gandeiría, actividades esenciais e estratéxicas. O sector agroalimentario demostrou que pode ofrecer produtos de calidade a prezos sostibles e de forma segura, ata nas situacións máis críticas. Grazas á rápida coordinación do campo, a industria alimentaria e a distribución, o abastecemento de alimentos estivo garantido en todo momento, incluso na fase máis crítica do coronavirus.

Deste xeito, ponse de relevo a necesidade de reforzar un modelo agrícola de carácter social, enfocado á produtividade, á eficiencia e á sostibilidade. E, nesta liña, faise imprescindible fomentar o consumo de produtos locais fronte aos de importación. Só así se porá en valor o traballo dos agricultores, garantindo a súa sostibilidade económica e colaborando na redución de emisións.

TEMÁTICAS A ABORDAR E RELATORES PARTICIPANTES

As temáticas a tratar neste encontro centraranse no importante cometido da agricultura durante a pandemia, como pode rexenerarse o sector para saír da crise da forma máis verde posible, como capear a crise a través da agricultura e que pode aportar, como afronta o agricultor profesional os retos da produción agraria: prezos competitivos, PAC, relevo xeneracional e a introdución de elementos ambientais.

O webinar  contará coa participación de Tomás García Azcárate, subdirector do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía – IEGD-CSIC e Investigador Asociado do CEIGRAM da Universidade Politécnica de Madrid;José Carbonell, secretario técnico do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agronómos  de Levante (COIAL); Mª Carmen Lobo Bedmar, responsable da Área de Descontaminación de Solos e Xestión de Residuos do Departamento de Investigación Agroambiental do Instituto Madrileño de Investigación e Desenvolvemento Rural, Agrario e Alimentario (IMIDRA); e Antonio Conde, agricultor graduado en Enxeñaría Agroalimentaria na Asociación Española Agricultura de Conservación Solos Vivos.

Fonte e imaxe: SIGFITO

29 Xuñ 2020

Galería