SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Instagram
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

SIGRE cumpre 20 anos velando pola saúde do medio ambiente

Print this pagePrint this pagePrint this page
  • O proxecto SIGRE arrincou en Galicia, concretamente na provincia de Ourense, en 2001, e fíxoo cunha proba piloto que supuxo un reto de implantación da loxística inversa e evidenciou o compromiso do sector farmacéutico
  • Na actualidade, os residuos de medicamentos e os seus envases son recollidos a través ods máis de 22.000 Puntos SIGRE repartidos por toda España
  • Durante o acto de conmemoración do seu 20 aniversario, a entidade fixo entrega dos III Premios Medicamento e Medio Ambiente e dos III Premios SIGRE de Xornalismo ‘Pola saúde da natureza’

Cerceda, a 24 de novembro de 2021.-  SIGRE cumpriu 20 anos e, con tal fin, celebrou un acto conmemorativo no que se recoñeceu publicamente o labor ambiental, sociosanitario e de concienciación que os axentes, as organizacións do sector, os medios de comunicación e as institucións públicas están a realizar para protexer e coidar da nosa contorna, ademais de difundir os valores ambientais e sanitarios relacionados co uso responsable do medicamento.

O encontro contou coa presenza de distintas personalidades políticas, da industria farmacéutica e da distribución.  No marco do mesmo, Juan Carlos Mampaso, director xeral de SIGRE, indicou que esta organización “naceu como un exercicio de responsabilidade ambiental de todos os axentes do sector farmacéutico e converteuse no maior proxecto colaborativo emprendido para pechar o ciclo de vida do medicamento, facendo seus os principios da economía circular. Logo de 20 anos, a colaboración de todo o sector permitiu consolidar un proxecto innovador que situou a España como referente internacional na reciclaxe dos medicamentos e os seus envases”.

GALICIA: PROBA PILOTO EXITOSA

O nome de Galicia figura nas orixes de SIGRE. Foi en xuño de 2001 cando, na provincia de Ourense, realizouse unha proba piloto para a recollida e reciclado dos residuos de medicamentos e os seus envases, que supuxo un reto de implantación da loxística inversa e evidenciou o compromiso do sector farmacéutico, servindo de modelo a outros países. Tan só dous anos despois, en 2003, SIGRE xa tiña presenza en toda España e, desde entón, foi unha ferramenta clave dos distintos axentes do sector farmacéutico (industria, distribución e farmacias) para avanzar cara a unha economía máis circular e sostible, na que se minimiza a produción de residuos e se garante o correcto tratamento ambiental dos residuos xerados.

A consolidación deste proxecto puido facerse realidade grazas á colaboración cidadá, ao esforzo dos axentes do sector e ao apoio das autoridades sanitarias e ambientais. Hoxe en día, os medicamentos caducados ou non utilizados recóllense a través dos máis de 22.000 Puntos SIGRE repartidos por toda España.

A concienciación foi outra das principais liñas de actuación de SIGRE. As campañas anuais dirixidas aos cidadáns, as accións formativas con profesionais sanitarios e as ferramentas educativas que se elaboraron para os alumnos de todas as idades contribuíron a sensibilizar á sociedade sobre a importancia sanitaria e ambiental da correcta xestión dos residuos de medicamentos.

III PREMIOS

No marco deste acto, fíxose entrega dos III Premios Medicamento e Medio Ambiente, que teñen por obxectivo recoñecer iniciativas dentro do sector farmacéutico que impulsan a economía circular e o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente os máis relacionados coa saúde e o medio ambiente.

Así mesmo, outorgáronse os III Premios SIGRE de Xornalismo ‘Pola saúde da natureza’, en recoñecemento a aqueles traballos xornalísticos que divulguen e fomenten a reciclaxe dos medicamentos caducados ou non utilizados de orixe doméstica a través de SIGRE, transmitindo á sociedade o compromiso do sector farmacéutico e os beneficios sanitarios e ambientais derivados desta actividade.

Fonte e imaxe:  SIGRE

24 Nov 2021

Galería