SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

A Sociedade Galega do Medio Ambiente está a actuar con transparencia e conforme á legalidade vixente

Print this pagePrint this page

En relación ás declaracións realizadas no día de hoxe pola portavoz de medio ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, nas que denuncia a negativa da Xunta de Galicia a proporcionar a documentación requirida respecto aos dous traballadores de Sogama imputados no marco dunha peza separada da investigación aberta con motivo do vertido ao río Lengüelle, en outubro de 2008, esta Sociedade manifesta que:

 1.- A información solicitada polo PSdeG foille proporcionada con data 12 de xullo do ano en curso, despois de que o 29 de xuño pasado, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, xa respondera a unha pregunta oral formulada por este Grupo Parlamentario sobre a imputación de dous empregados de Sogama por suposta influencia na adxudicación de contratos.

 2.- Nas respostas trasladadas advertíase sobre a imposibilidade de levar a cabo a cesión de datos de carácter persoal, posto que se estaría ante un incumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), así como ante unha posible vulneración do dereito de defensa, recollido no artigo 24 da Constitución Española, ao afectar a documentación demandada a dúas persoas imputadas nun proceso penal que se encontra en fase de instrucción e, polo tanto, baixo secreto de sumario (salvo para as partes personadas na causa).

3.- Respecto a determinada información, como pode ser a relativa ás licitacións existentes desde o inicio da lexislatura, invitábase ao PSdeG a que procedera a determinar os expedientes concretos de interese, xa que a recompilación de todos eles suporía unha inxente cantidade de recursos materiais e de tempo que, inevitablemente, acabaría repercutindo no normal funcionamento do servizo público prestado por esta entidade. Así mesmo, trasladóuselle que todos os expedientes se encontran a disposición para consulta nas instalacións de Sogama.

4.- Reitera, unha vez máis, que os procesos de contratación se realizaron en todo momento conforme á legalidade vixente, circunscribíndose ás pautas establecidas na Lei de Contratos do Sector Público, non se tendo producido ningunha impugnación dos mesmos por parte dos licitadores que concurriron. Así o veu corroborando o Consello de Contas respecto aos contratos que ata a data tivo ocasión de fiscalizar.

5.- O presidente de Sogama declarou no seu momento os seus bens e intereses, que se encontran recollidos no rexistro de bens patrimoniais, dando cumprimento ao disposto na Lei 9/1996, de 18 de outubro, de incompatibilidades dos membros da Xunta e altos cargos da Administración Autonómica.

6.- Sogama apartou aos dous traballadores imputados dos procesos de adxudicación que se leven a cabo en tanto en canto non se resolva o proceso xudicial aberto. Un informe xurídico desaconsellou posibles medidas disciplinarias, toda vez que “formalizar un despido destas características, sin unha motivación ou causa legal-laboral sólida, da que poidan mostrarse evidencias fehacientes, tería un alto risco para Sogama porque podería dar lugar á declaración de nulidade de ditos despidos, obrigando a esta a readmitir aos empregados, coa particularidade de que un despido futuro faise prácticamente inviable, dado que a nulidade por represalias cernirase sobre calquera decisión empresarial”.

7.- A Sociedade ten un contrato cun despacho de avogados que se mantén nos mesmos termos desde o ano 2000 e cuxas retribucións varían, como non podía ser doutro xeito, en función do número de pleitos.

Saúdos, Departamento de Comunicación

25 Ago 2011

Galería