Xunta
Xunta
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama adxudica, por un importe de 152.000 euros, o servizo de control da poboación de gaivotas no Complexo Medioambiental de Cerceda

Print this pagePrint this pagePrint this page

Un mínimo de catro aves rapaces dedicaranse en exclusiva a este servizo, contando a maiores con outros dous exemplares, que en todo caso se destinarán a cubrir posibles eventualidades, cambios ou reforzos temporais.

As tarefas de control levaranse a cabo fundamentalmente a través de axotamento e expulsión baseadas en voos deste tipo de aves, adestradas mediante técnicas de cetraría.

O contrato, establecido para un período de 3 anos, contempla penalizacións do 10 por cento sobre o importe mensual por cada día no que se detecte a presenza de gaivotas nas instalacións.

Cerceda, a 21 de setembro de 2010. - A Sociedade Galega do Medio Ambiente adxudicou á empresa Locus Avis, S.L, por unha contía de 152.362,49 euros, o servizo de control da poboación de gaivotas que, atraídas polo lixo, pululan a diario polo Complexo Medioambiental de Cerceda en busca de alimento e descanso, interferindo sobre a actividade desenvolvida no mesmo.

Labores a materializar

Os traballos a executar no marco deste contrato, que terá unha duración de 3 anos, correrán a cargo dun equipo humano conformado, entre outros, por un titulado superior en Bioloxía Ambiental colexiado, responsable da coordinación do servizo, un técnico experto no manexo de aves rapaces e un axudante.

A adxudicataria deberá realizar censos periódicos (como mínimo dous anuais) do número de gaivotas existentes no Complexo, procedendo ao seu control mediante atoxamento e expulsión baseadas en voos con aves de presa adestradas mediante as tradicionais técnicas de cetraría, podendo utilizar outros mecanismos selectivos complementarios.

Un mínimo de catro aves rapaces dedicaranse en exclusiva a estes mesteres, estando complementadsa por outros dous exemplares, que permanecerán a disposición ante posibles eventualidades, cambios ou reforzos temporais.

Penalizacións contempladas no contrato

En caso de que a compañía contratista non cumpra cos requisitos establecidos para a correcta prestación do servizo, Sogama aplicará unha penalización do 10 por cento do importe mensual da facturación por cada día de traballo que atopen gaivotas nas instalacións que conforman o seu Complexo industrial cercedense.

Saúdos, Departamento de Comunicación

21 Set 2010

Galería