SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama dispón dun novo software de xestión ambiental co que gañará en eficiencia

Print this pagePrint this page
  • Adquiriu o novidoso software de xestión ambiental Monitor Prol da compañía EHS Data; un instrumento pioneiro co que poderá obter en cada momento datos reais do desempeño medioambiental das súas instalacións.
  • O dispositivo leva incorporado un programa de alertas co que se reduce o tempo de reacción ante posibles incidencias e ata conta cun sistema de avisos específicos no caso de que as tarefas a acometer non se executen en prazo.
  • Así mesmo, esta ferramenta optimizará a dinámica de importación de datos procedentes dos diferentes laboratorios que analizan mostras para Sogama, toda vez que se realizará de forma automática, eliminando desta forma posibles erros humanos.

Cerceda, a 12 de abril de 2019.- Nun proceso de mellora continua, e sempre co obxectivo de prestar o mellor servizo desde a máxima sostibilidade e transparencia, a Sociedade Galega do Medio Ambiente adquiriu o novidoso software de xestión ambiental Monitor Prol da empresa EHS Data; unha ferramenta pioneira que lle permite obter en cada momento datos reais do desempeño medioambiental das súas instalacións, xerando informes e gráficos que facilitarán a interpretación da información recabada en cada momento.

Ademais de todo iso, o dispositivo optimizará a dinámica de importación de datos procedentes dos diferentes laboratorios que analizan mostras para Sogama, tendo en conta que se realizará de forma automática, eliminando desta forma posibles erros humanos.

Así mesmo, leva incorporado un programa de alertas co que se reduce o tempo de reacción ante posibles incidencias e ata conta cun sistema de avisos específicos no caso de que as tarefas a acometer non se executen en prazo.

Pero Monitor Prol, non só se centra na xestión de parámetros ambientais, senón tamén noutros   ligados á propia operativa da infraestrutura industrial como é o caso dos consumos de auga, electricidade, combustible, etc, sempre co fin último de mellorar o funcionamento da mesma.

Con este novo instrumento, Sogama optimizará a calidade da propia xestión dos seus datos ambientais, toda vez que conta coa certificación MCerts da Axencia Británica de Medio Ambiente, na que se avalían, non só os estándares e procedementos de programación, senón a funcionalidade e regras de integridade de datos específicos da xestión de información ambiental.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente dá así un paso máis cara á excelencia na súa xestión, velando en todo momento polo rigoroso cumprimento da normativa e o máximo respecto cara á protección da contorna e a saúde.

Saúdos, Departamento de Comunicación

12 Abr 2019

Galería