SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA
SOGAMA en Facebook
SOGAMA en Twitter
SOGAMA en Vimeo
SOGAMA en Linkedin
SOGAMA

Idiomas

Sogama e a Egap pechan un acordo de colaboración para o desenvolvemento de accións formativas, divulgativas e de investigación

Print this pagePrint this page

Os máximos responsables de ambas as dúas entidades asinaron un convenio de colaboración no que se regulan as actividades a levar a cabo, tendo en conta que o medio ambiente e a sostibilidade, como elementos transversales a todas as políticas, resultan necesarios para a profesionalización da función pública e a mellora na prestación de servizos.

Sogama vén levando a cabo diversas iniciativas coas que pretende contribuír á concienciación ambiental da poboación, dando a coñecer, desde a transparencia informativa, o seu modelo de xestión.

A súa colaboración coas tres Universidades galegas evidénciase a través da súa participación en diversos Másters de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, contribuíndo á formación integral de futuros profesionais do sector.

Tamén vén apoiando á UIMP na organización e materialización de cursos medioambientais. E como exemplo, o Encontro que terá lugar na sé compostelana da EGAP, do 28 ao 30 de setembro, e que, baixo o título “A Xestión dos Recursos Ambientais en Galicia”, contará coa intervención de expertos de alto nivel na materia.

Cerceda ,a 5 de agosto de 2011.- O presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), Luís Lamas, e o director da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Pablo Figueroa, asinaron un convenio de colaboración a través do cal ambas as dúas entidades establecerán fórmulas para levar a cabo accións formativas, divulgativas e investigadoras nas materias incluídas nos seus respectivos ámbitos de actuación, contemplando a realización conxunta de cursos, xornadas e seminarios, ademais da edición de libros, publicacións e outros documentos de traballo. E é que a formación ambiental do persoal dependente da Xunta de Galicia e doutras administracións galegas ocupa un lugar relevante, toda vez que o medio ambiente e a sostibilidade constitúen elementos transversais a todas as políticas, resultando necesarios para a profesionalización da función pública e a mellora na prestación de servizos.

FORMACIÓN AMBIENTAL DA POBOACIÓN
Máis aló da actividade industrial, a formación da poboación no ámbito medioambiental constitúe un dos principais obxectivos que conforman a filosofía empresarial desta Sociedade, que vén realizando notables esforzos no deseño e desenvolvemento de iniciativas educativas a través das cales intenta concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre a problemática que a día de hoxe representan os residuos urbanos e a importancia da súa activa implicación na menor produción e o incremento da reutilización e reciclaxe como canles para facer efectiva a responsabilidade compartida.

Así, cabería mencionar o programa de visitas ás súas instalacións, polas que xa pasaron máis de 52.000 persoas pertecentes a distintos colectivos sociais (escolares, universitarios, asociacións, profesionais do sector, delegacións políticas, etc), espazos radiofónicos de corte ambiental, campañas escolares sobre o principio europeo das tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), publicacións específicas e a participación en foros, congresos e cursos e que, configurando deste xeito unha serie de actividades nas que a empresa traballa para dar a coñecer, desde a transparencia informativa, o seu modelo de xestión.

PROXIMIDADE AO MEDIO ACADÉMICO
A súa estreita relación co medio académico afianzouse a través da súa participación en distintos másters e cursos de posgrao postos en marchas polas tres universidades galegas no campo medioambiental. Neste sentido, poderían mencionarse os Másters en Xestión do Desenvolvemento Sostible e en Contaminación Industrial, ambos dependentes da Universidade de Vigo, así como o Máster en Enerxías Renovables, promovido pola Universidad de Santiago de Compostela (USC) e co que se pretende adiestrar a futuros profesionais para que participen no desenvolvemento de alternativas innovadoras que permitan asegurar a subministración enerxética co menor impacto ambiental e económico posible.

Así mesmo, cabería destacar o Máster en Enxeñaría Ambiental, pertencente tamén á USC, e que, segundo un estudo realizado polo diario El Mundo, logrou situarse entre os cinco mellores de España dado o seu amplo abano de instalacións experimentais, o prestixio do seu profesorado, as oportunidades brindadas aos estudantes para realizar prácticas en empresas e, por suposto, os bos resultados na inserción laboral.

En todos estes casos, ademais das tarefas puramente docentes, Sogama vén acollendo alumnos en períodos de prácticas co fin de complementar a súa formación académica, intentando servirlles de ponte para o seu posterior acceso a un posto de traballo.

Tamén coopera coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Non en balde, do 28 ao 30 de setembro do ano en curso levarase a cabo, na sé compostelana da EGAP, un Encontro sobre “A Xestión dos Recursos Ambienais en Galicia” que, promovido pola UIMP e baixo a dirección do presidente de Sogama, Luís Lamas, concentra moitas expectativas polo seu alto nivel, dándose cita expertos, estudiosos e profesionais do sector co ánimo de profundizar en temáticas de tanto interese como o tratamento dos residuos urbanos, a sostibilidade, a educación ambiental, o medio natural, o I+D+i e as enerxías renovables.

Ademais de todo isto, desde o inicio do seu labor, mantén unha estreita relación coa Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), o que evidencia a súa firme aposta por achegarse ao sistema universitario galego, pero sen descoidar outros escenarios educativos tales comou os obradoiros de emprego e a formación profesional.

O persoal ao servizo da Administración galega constitúe, da man da EGAP, o próximo reto.

Saúdos, Departamento de Comunicación

5 Ago 2011

Galería